Skip to Content

PESCUDAMOS E APRENDEMOS SOBRE O AZUCRE

Hai estudos científicos que demostran que a inxesta de cantidades excesivas de azucre na nosa dieta está relacionada con diferentes enfermidades de tipo cardiovascular, diabetes, obesidade.... 

Por esta razón, o alumnado de FP Básica I, dentro da unidade didáctica de hábitos de vida saudables, analizou a cantidade de azucre de diferentes bebidas que elas e eles mesm@s consomen diariamente. Logo, trouxeron latas destas líquidos e realizaron un cartel que recolle de xeito moi visual a súa análise que acaba concluíndo que se pode inxerir moito azucre a través de certas bebidas e que, en moitos casos, non somos conscientes de tal inxesta.

Conclusión, deberiamos moderar ou incluso evitar o consumo deste tipo de produtos.

PESCUDAMOS E APRENDEMOS SOBRE O AZUCRE


image | by Dr. Radut