Skip to Content

MESA REDONDA PARA SEGUIR FALANDO DA REPRESIÓN FRANQUISTA

Prometido quedou e aí vai a penultima das actividades que o departamento de Historia levou a cabo este luns pasado co gallo da conmemoración da semana da memoria histórica.

Desta vez, o alumnado de 4º ESO escoitou os testemuños das netas de José Lijó, José Sieira e Concha Pillado, que falaron da represión que sufriron os seus avós e avoa logo de que as tropas sublevadas tomaran Ribeira o 28 de xullo de 1936.

Lijó e Sieira foron detidos; levados primeiro ao cárcere de Noia e logo ao de Santiago, xulgados ilegalmente en decembro de 1936 e fusilados en Boisaca o 29 de xaneiro de 1937.

A Concha detivérona no cárcere municipal onde visitaba ao seu marido. Logo de maltratala, rapárona, déronlle aceite de ricino e obrigárona a ir andando ata Palmeira para humillala e meter medo ao resto da xente.

Foron tres historias de persoas represaliadas, e tamén tres historias de familias que tiveron que vivir con medo e en silencio a morte e a vexación dos seus seres queridos.

Agradecemos con profundo recoñecemento a Eugenia, Dolores e Celia por compartir con nós a súa historia nun encontro de grande emotividade.

E ao día seguinte remataron @s mesm@s alumn@s esta serie dea actividades co visionamento do documental "Aillados".

Unha época crúa e cuel que non podemos deixar de amosar ao noso alumnado para que nunca, a pesar de non tela vivido, esquezan esta parte da nosa historia.

MESA REDONDA PARA SEGUIR FALANDO DA REPRESIÓN FRANQUISTA


image | by Dr. Radut