Profesorado

Alumnado

Normalización e dinamización lingüística

Dpto. de normalización

30 de novembro lecturas contra a sida

30 DE NOVEMBRO: LECTURAS ABERTAS NA BIBLIOTECA. CONTRA A SIDA

Organizouse a 1ª lectura aberta na Biblioteca, co alumnado e profesorado protagonista. Interviñeron:

Lecturas abertas na Biblioteca

"Nós tamén navegar"

30 de novembro - 2º recreo

Día Mundial contra a SIDA (1 de decembro)

P ARTICIPARÁN

Alumnado

Victoria Feijóo

Cándido Paniagua

Mayte López

Elsa López

Manuel Castro

Maimuna Shida

Verónica Castro

Profesoras:

Ana Escudero

Belén Castro

Marta Puente

Pilar Barandela

Rosa de Ávila

E coa participación de

Céline Fournet

O interesante foi a implicación de alumnado de 3º ESOI DE Diversificación, en especial destacamos a participación da alumna procedente do Sahara, Maimuna Shida.

Días antes buscáronse textos relacionados co tema, tanto de contido informativo como literario e convenceuse o alumnado e profesorado para que protagonizase as lecturas. Habilitouse un espazo para a lectura, con carteis ilustradores, e contouse coa asistencia de variado público docente. O acto rematou coa proxección dun vídeo emotivo de case 2 minutos realizado por un dos grupos de teatro. 

Algúns textos lidos

Unicef:

O 1 de decembro de cada ano celébrase o día Mundial da sida.(VIH)

Uns 40 millóns de persoas no mundo están infectados polo VIH.

Cada día inféctanse 13700 persoas, o 90% en países subdesenvolvidos.

Desde os anos 80 ata agora a sida levouse máis de 9 millóns de vidas.

Máis do 50% das novas infeccións aparecen en persoas de entre 15 e 24 anos.

En 1997 20 millóns de persoas estaban infectadas polo VIH, é dicir, o 65% do total da poboación do mundo. No ano 200 a cifra había uns 35 millóns. A vía predominante é heterosexual e as mulleres encóntranse no centro da epidemia

UNICEF: Ata 16 millóns de orfos pola sida en Africa

O número de orfos a causa da sida en Africa chegará a case 16 millóns de nenos e nenas.

Só  en Sudáfrica viven 2,5 millóns de nenos orfos de 0 a 17 anos, que supón o 13 por cento dos nenos do país.

Prodúcese un círculo vicioso de infección e pobreza: moitas nenas e nenos deben vivir cos seus pais cronicamente enfermos ou traballar para asegurar os ingresos da familia. Ou deben coidar de seu pai e de súa nai.

Estes fogares empobrecen pola enfermidade e acostuman a ser discriminados.

OS NINGUÉN

       Soñan as pulgas con mercar un can e soñan os ninguén con saír de pobres, que algún máxico día chova de súpeto a boa sorte, que chova a fío a boa sorte; pero a boa sorte non chove onte, nin hoxe, nin mañá, nin nunca, nin en chuvisquiña cae do ceo a boa sorte, por moito que os ninguén a chamen e aínda que lles pique a man esquerda, ou se levanten co pé dereito, ou comecen o ano cambiando de vasoira.

       Os ninguén: os fillos de ninguén, os donos de nada.

Os ninguén: os ningúns, os ninguneados, correndo a lebre, morrendo a vida, puteados, reputeados:

       Que non son, aínda que sexan.

       Que non falan idiomas, senón dialectos.

       Que non profesan relixións, senón supersticións.

       Que non fan arte, senón artesanía.

       Que non practican cultura, senón folclore.

       Que non son seres humanos, senón recursos humanos.

       Que non teñen cara, senón brazos.

       Que non teñen nome, senón numero.

       Que non figuran na historia universal, senón na crónica vermella da prensa local.

       Os ninguén, que custan menos que a bala que os mata.

                           Eduardo Galeano O libro dos abrazos

Acróstico

Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.

                    novembro, 94

                           Lois Pereiro

Descargar o video                                                             FOTOS                                      

       

 

Video "Día da SIDA" 30 novembro

Descarga   o  video no arquivo adxunto