Profesorado

Alumnado

Normalización e dinamización lingüística

Dpto. de normalización

PREMIOS CONCURSO NADAL: MICRORRELATOS

PREMIOS CONCURSO NADAL  MICRORRELATOS 

CATEGORÍA 1º E 2º DA ESO:  

1º PREMIO “Ansias de voar” de Juan Luís Abuín Vences, de 2º D – ESO, presentado  baixo o seudónimo Anónimo #46#. 

ACCÉSIT:             “Sen título” de Ledicia Prieto Vázquez, de 2º A – ESO, presentado baixo o seudónimo Xoaniña. 

CATEGORÍA 3º E 4º DA ESO: 

1º PREMIO             “Sen título” de Victoria Feijóo González, de 4º C – ESO, presentada baixo o seudónimo Xoana a Tola. A

CCÉSIT:             “Peneirando…” de Úrsula Casado Vázquez, de 3º C – ESO, presentada baixo o seudónimo Keti.

Noite de Reis

O día 26 de outubro alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato e Iniciación á Arte Dramática de 3º da ESO asistiron á representación teatral de Noite de Reis, versión da obra do mesmo nome de William Shakespeare dirixida por Quico Cadaval e protagonizada polo CDG (Centro Dramático Galego). Esta adaptación sitúa a acción en Iliria, un país imaxinario á beira do Mediterráneo, onde os personaxes se abandonan ás paixóns e ao amor non correspondido, caendo vítimas de enredos e malentendidos. Todo o mundo botou unhas risas, risas a fartar no patio de butacas e nos palcos, ríase tanto que case morremos da risa. Rimos con Festas, ese personaxe que se meteu na pel de Víctor Mosqueira para facernos, coa súa voz, unhas cóxegas na barriga. E aínda que quixemos sufrir con Violeta non puidemos de tanta risa. 

Fotos

Inventario de recursos e ferramentas normalizadoras

 

Inventario de recursos e ferramentas normalizadoras do IES Lagoa de Antela  

- Páxinas web:

 http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/obradoiro.htm/

 : tradutores, correctores, ferramentas informáticas para elaborar recursos (Ardora, Lim, Javaclic, phpwebquest...)

http://amesanl.org/

: Mesa pola Normalización Lingüística

http://bvg.udc.es/

: Biblioteca virtual galega

http://www.crtvg.es/

Servidor da Radio Televisión de Galicia

http://usuarios.lycos.es/castelao2/files/pe.htm/

páxina persoal sobre Castelao

http://galego.org/hoxe/leis.html/

Lexislación sobre o galego

http://www.milprimaverasmais.org/

Proxectos de normalización nas novas tecnoloxías

http://ciberirmandades.org/

Emprego do galego en Internet

http://www3.uvigo.es/normalizacion/index.asp

Servizo de Normalización da Universidade de Vigo

http://www.iaga.com/neg

Nova Escola Galega: material didáctico

http://edu.xunta.es/linguagalega/o_galego_nas_novas_tecnoloxias

Recursos das novas tecnoloxías

http://mancomun.org/

Ferramentas lingúíticas.

Tradutores: Instituto Cervantes / http://sli.uvigo.es/tradutor

http://xunta.es/toponimia

Toponimia galega

http://blogalego.com/

Blogs en galego

http://www.blogoteca.com/

Facer un blog en galego

http://bretemas.blogspot.com/

Blog de Manuel Bragado (ten de todo)

Proxecto lector

 

            PROXECTO LECTOR: NAVEGAR PALABRAS

 

CLUB DE LECTURA: NÓS TAMÉN NAVEGAR

 

         ACTIVIDADES:              

  • Lecturas en voz alta de textos diante dun público amplo e variado: Día Mundial contra a SIDA; Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, , Día dos namorados, Día do Teatro, Día da Poesía, Día do Libro, Semana das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente...
  • Creación de un ou varios blogs específicos do club onde se colgarán novidades, a crónica das actividades, poesía e narrativa seleccionada...
  • Taller de creación dun guión a cargo do guionista da TVG Jacobo Paz Limia.
  • Encontro cos escritores Séchu Sende e Agustín Fernández Paz, autores de Made in Galiza e O centro do Labirinto respectivamente e coa escritora Mª Isabel Molina, autora de El herrero de la luna llena.
  • Encontro coa escritora Marica Campo, autora de Memoria para Xoana.
  • Xornada de teatro interactivo con Begoña Muñoz, dramaturga e profesora de Iniciación á Arte Dramática no IES Otero Pedrayo.
  • Selección de creacións e comentarios para publicar na revista No Límite.
  • Intervención das ANPAS, profesorado e o Persoal non docente para xornadas de lecturas na Biblioteca.
  • Proxección de películas baseadas en libros: A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro.
  • Poetas no instituto: Xabier Xil Xardón, ex-alumno do centro e poeta das Redes Escarlata.

 CALENDARIO DE LECTURAS PROGRAMADAS (2º E 3º TRIMESTRE)

  • Lectura o 30 de xaneiro, Día da Paz: alumnado procedente doutros países e de fóra de Galiza lerá a poesía de  Celso Emilio Ferreiro"Longa noite de pedra" nas súas linguas maternas: árabe, romanés, catalán.., tamén lerán lendas, contos, poesías da súa cultura.
  • Lectura o 14 de febreiro de textos de amor e das cartas gañadoras no concurso convocado.
  • 21 de marzo, Día da Terra e Día da Poesía: coa colaboración do grupo de teatro do instituto planificarase un recital e unha proxección de imaxes
  • Visita dun contacontos ao instituto. Celso Fernández Sanmartín.
  • 27 de marzo, Día do Teatro: organizarase unha pequena sesión dramatizada de escenas creadas e ou recreadas polo alumnado. Os grupos de teatro realizarán breves escenificacións.
  • 23 de abril, Día do Libro: lectura e exposición de libros propios e dos pais na biblioteca, abríndose un circuíto de préstamos. Paralelamente, organizarase unha xornada de doazón de libros, implicando os pais e nais.
  • Semana das Letras Galegas: concurso literario e sesión de lectura.O alumnado de Diversificación gravará un vídeo homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez.
  • Lectura Día do Medio Ambiente.
  • Lectura dos contos itinerantes: o que viaxou de 1º ESO a 6º de Primaria e o que iniciou o periplo dende 6º de Primaria e rematou a viaxe en 1º da ESO.

CALENDARIO DE LECTURAS ABERTAS NA BIBLIOTECA

"NÓS TAMÉN NAVEGAR"

  •  30 de xaneiro, Día da Paz
  •  14 de febreiro, Día d@s namorad@s
  • 21 de marzo, Día da Terra e Día da Poesía
  • 27 de marzo, Día do Teatro
  • 23 de abril, Día do Libro:
  • Semana das Letras Galegas:
  • 6 de xuño, Día do Medio Ambiente.