Profesorado

Alumnado

DATAS RELACIONADAS CO FONDO DE LIBROS

 

  • Presentación solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2024.
  • Publicación de listaxes provisionais (en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ accedendo ca Chave365/certificado dixital  ou no taboleiro do IES): 12 de xullo de 2024.
  • Período de reclamación ás listaxes provisionais: 15, 16 e 17 de xullo de 2024.
  • Publicación da listaxe actualizada tras reclamacións: 19 de xullo de 2024.
  • Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024.
  • Entrega de vales para adquisición de material escolar: a partir do 29 de xullo de 2024 (só pode ser recollido polo pai, nai ou representante legal do alumno/a presentando o DNI).


HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O VERÁN

O horario de verán durante os meses de xullo e agosto será de 9:00 a 13:00. Permanecerá pechado os seguintes días:

  • Xoves 18 de xullo e  venres 19 de xullo (Santa Mariña)
  • Xoves 25 de xullo  e venres 26 de xullo (Santiago Apóstolo)
  • Xoves 15 de agosto e venres 16 de agosto (día da Asunción) 

 

 

Fondo de libros para o curso 2024-2025


O prazo para presentar solicitudes do fondo de libros para o curso 2024-2025 iniciarase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 


 

 

Axudas para alumnado con necesidades específicas

 

O prazo de solicitudes é do 30 de abril ao 15 de setembro de 2024.

Preme na imaxe ou nesta ligazón para máis info. 

 


 

Día do Libro no IES Lagoa de Antela

  

 O IES Lagoa de Antela celebrou o Día do Libro con diversos actos, entre eles a entrega do premio do marcapáxinas a Nerea Paz e os premios de fotografía a Paula Andrade, Paula González e Leo Rodríguez. Preme na imaxe para máis información

 

 

 

 

 

 


 

Comezan os traballos para a creación dunha charca no IES

 

 

O alumnado de 1º da ESO comezou os traballos de campo para a creación dun refuxio húmido dentro do instituto. Durante varias xornadas os 5 grupos de alumnas e alumnos de 1º da ESO participaron nos traballos de campo coa ferramenta axeitada para realizar dous buratos que serán a principal área do refuxio húmido.

Álbum de fotografías do proxecto

PROXECTO "REFUXIOS" DO IES LAGOA DE ANTELA

 

 

 

 

O IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia, Ourense) foi seleccionado na convocatoria Probleu para levar a cabo o proxecto Refuxios. A nosa proposta foi a única candidatura galega seleccionada nesta convocatoria de financiamiento de proxectos relacionados coa protección da augas oceánicas e continentais, entre máis de​​ 80 candidaturas de 19 países da Unión Europea.