Profesorado

Alumnado

Recomendámosche

NOVIDADES LITERARIAS

Hordas de escritura 

Chus Pato 

Xerais 

*** falar falan os verdugos, as vítimas, as personaxes literarias non paran de falar; falan as actrices no teatro, os sepultureiros, as esposas, falamos e non paramos de falar 

pero Eu non fala

 as que falan son as mesmas que non poden falaros ríos, os meteoros, as montañas

NOVIDADES

  Veleno tinto

Ramón Carredano, Xerais 

Un crime na Galiza do s. XIV, un frade investigador, as loitas entre o poder político e relixioso, conspiracións, unha intriga ben argallada.  

“Don Rui solicitaba, a través do mesmo criado que falara con el, a presenza do frade para un asunto urxente.Aquilo preocupou a frei Samuel. Aquel cambio na cara do señor cando recibiu quen sabe que noticia estaba sen dúbida relacionado con esta chamada. Pero, por que a el?”

NOVIDADES

 

Vestio

 

 Xosé Miranda, Xerais

 

Unha doutora atopa un diario á beira dun cadáver na vila onde pasa consulta. No diario, que resulta ser dun antropólogo inglés, cóntanse sucesos arrepiantes: o estraño comportamento dos veciños,  crenzas, ritos... Suspense e terror.

“Resultaría tétrico, e mesmo medroso, se non fose que durante todo o paseo me fun cruzando con xente que, como ao descoido, ía nunha ou outra dirección ou finxía estar atarefada recollendo as pólas caídas e limpando o sotobosque. Souben entón, sen o mínimo asomo de dúbida, que me espían. Estaban alí  para desorientarme e impedirme atopar o que busco.”