Ciclos, FP Básica, Grao Medio, Grao Superior, FP DUAL, XVEC, COIN, ACFIS, Transporte, Márketing, COPAL, XVECD

Visita ao Centro Comercial "El Corte Inglés"

Este luns 7 de novembro, o alumnado de 1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais foi recibido por Lourdes Pedrido, Meritxell Ortega, Juanma García e María Ferro, que lle explicaron como era o seu día a día nos distintos departamentos aos que pertencen. Unha vez máis, esta visita complementa a formación do alumnado do IES A Guía, poñéndoo en contacto con profesionais do sector da nosa contorna e, en definitiva, co mundo laboral no que desenvolverán a súa carreira profesional.

corte ingles

corte ingles 2

Visita ao Centro Comercial Travesía de Vigo

O alumnado de 1º e 2º curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade dual, e do 2º curso do CS de Márketing e Publicidade, visitaron o CC Travesía de Vigo co obxectivo de coñecer de primeira man o contexto real do seu futuro profesional. Para iso, contaron cunha embaixadora excepcional: a xerente do centro Angélica Falagán.  Dende o IES A Guía queremos deixar constancia do noso agradecemento a Angélica, por sacar tempo da súa apretada axenda para explicarlle ao alumnado o día a día no centro e as iniciativas que levan a cabo (ex: Campionato Mundial Solidario de Flocos de Millo, iniciativa benéfica a favor do Banco de Alimentos de Vigo)

travesía

travesía2

Matrícula 1º curso de ciclos de FP

Todo o alumnado de 1º curso deberá formalizar a matrícula presencialmente no IES A Guía

Consultar adxudicación de prazas aquí e o calendario de matriculación máis abaixo nesta páxina.

 

O alumnado deberá:

1º) Recoller na conserxería do instituto o cartafol de matrícula

2º) Cubrir debidamente o cartafol de matrícula e entregalo na oficina, ademais da seguinte documentación (NOTA: os impresos tamén se recollen na conserxería):

 

1.- Fotocopia do DNI

2.- Xustificante do pagamento do seguro escolar na conta de ABANCA:

ES77 2080 5063 3530 4001 2880; 1,12 € para menores de 28 anos

3.- Impreso de autorizacións SMS-TIC-IMAXE-PROBAS PSIC

4.- Impreso de autorización de saída do centro en Ed. Física

(únicamente para o ciclo de Acondicionamento Físico)

5.- No caso de ser usuaria/o do transporte escolar: impreso cumprimentado

(únicamente para FP de grao básico)

6.- No caso de separación/divorcio: Copia da sentenza no relativo á custodia da/o menor.

 

CALENDARIO DE ADXUDICACIÓN E MATRICULACIÓN NO IES A GUÍA

MODALIDADE PRESENCIAL

FP grao básico

Adxudicación: 20 de xullo

Matrícula: Do 20 ao 22 de xullo

Réxime ordinario e de persoas adultas para grao medio e superior

1ª adxudicación: 19 de xullo

Matrícula: Do 19 de xullo ás 9:00 h ata o 22 de xullo ás 13:00 h

 

MODALIDADE FP DUAL

Adxudicación: 15 de xullo

Matrícula: Do 18 de xullo ás 9:00 h ata o 26 de xullo ás 13:00 h

 

MODALIDADE FP DISTANCIA

1ª adxudicación: 19 de xullo

Matrícula: Do 19 de xullo ás 9:00 h ata o 22 de xullo ás 13:00 h

Publicación alumnado de reserva para 2º curso de FP

                     

  O día 8 de xullo de 2022 publícase no taboleiro de anuncios do centro IES A Guía a relación provisional de solicitantes de praza para o 2º curso de ciclos formativos que proveñen doutro ciclo ou doutro centro, con criterios de prioridade e cumprimentos dos requisitos establecidos na Orde do 15 de xuño de 2016 (para solicitantes que non entragaron a baremación da nota de acceso ao ciclo outórgaselle unha puntuación de 5).

Calendario 


Período de reclamacións á listaxe provisional:                                       Do 11 ao 15 de xullo de 2022

Publicación da resolución definitiva (alumnado admitido e excluído): 18 de xullo de 2022          

Período de matrícula (alumnado admitido na resolución definitiva):       Do 19 ao 22 de xullo de 2022

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer