Matrícula 1º curso de ciclos de FP

Todo o alumnado de 1º curso deberá formalizar a matrícula presencialmente no IES A Guía

Consultar adxudicación de prazas aquí e o calendario de matriculación máis abaixo nesta páxina.

 

O alumnado deberá:

1º) Recoller na conserxería do instituto o cartafol de matrícula

2º) Cubrir debidamente o cartafol de matrícula e entregalo na oficina, ademais da seguinte documentación (NOTA: os impresos tamén se recollen na conserxería):

 

1.- Fotocopia do DNI

2.- Xustificante do pagamento do seguro escolar na conta de ABANCA:

ES77 2080 5063 3530 4001 2880; 1,12 € para menores de 28 anos

3.- Impreso de autorizacións SMS-TIC-IMAXE-PROBAS PSIC

4.- Impreso de autorización de saída do centro en Ed. Física

(únicamente para o ciclo de Acondicionamento Físico)

5.- No caso de ser usuaria/o do transporte escolar: impreso cumprimentado

(únicamente para FP de grao básico)

6.- No caso de separación/divorcio: Copia da sentenza no relativo á custodia da/o menor.

 

CALENDARIO DE ADXUDICACIÓN E MATRICULACIÓN NO IES A GUÍA

MODALIDADE PRESENCIAL

FP grao básico

Adxudicación: 20 de xullo

Matrícula: Do 20 ao 22 de xullo

Réxime ordinario e de persoas adultas para grao medio e superior

1ª adxudicación: 19 de xullo

Matrícula: Do 19 de xullo ás 9:00 h ata o 22 de xullo ás 13:00 h

 

MODALIDADE FP DUAL

Adxudicación: 15 de xullo

Matrícula: Do 18 de xullo ás 9:00 h ata o 26 de xullo ás 13:00 h

 

MODALIDADE FP DISTANCIA

1ª adxudicación: 19 de xullo

Matrícula: Do 19 de xullo ás 9:00 h ata o 22 de xullo ás 13:00 h

 

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer