O alumno David López Golpe participou na semifinal nacional do concurso de coctelaría "Monín", disputado o 1 de decembro no CIFP de hostalería e turismo de Gijón. A esta semifinal participaron representantes de centros de hostalería de : Galicia, Asturias, Euskadi, Castela-León. |
Alumnado de CS Dirección de Servizos en restauración de 1º e 2º curso , desprazaronse a Coruña , para coñecer as instalacións de “CAFES VERACRUZ”. Durante a visita tivemos oportunidade de observar o proceso de tostado do café , e fomos testemuñas do proceso de elaboración dun “Perfecto espresso”, por parte do Barista Fernando Rojas , (ex-alumno do noso centro ), que tamen nos deleitou con uns capuccinos.
Por ultimo participamos de unha cata brasileira de café , comentada por Augusto Morales, Mestre cafeteiro de Cafés Veracruz. Que nos agasallou con un paquete do café que había tostado previamente connosco.
Posteriormente acercamos a “SALONES PASTORIZA”, onde nos atendeu o seu xestor José María Gestal, o cal nos acompañou nun percorrido polo establecemento, informándonos das particularidades do mesmo, as instalación, a súa oferta e respondeu as diversas cuestións que se foron prantexando ao longo da visita.
As alumnas: Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martín, María Díaz e Sara Costoya, de 4º da ESO, asistiron ao programa radiofónico , onde exerceron como autenticas criticas literarias
“O uso de saltos no tempo non foi algo consciente, vin que non discurriría ben a narración se fose lineal, e a novela comeza nos anos 50 e logo retrocede aos anos da República” afirmou o autor de Polos fillos dos fillos Xosé Manuel Sarille. O escritor dialogou no club de lectura de Radio Fene sobre a súa obra, con Erika Yañez, Lucía Galdo, Verónica Martin, Maria Diaz e Sara Costoya, alumnas de 4º da ESO do Instituto de Ensino Secundario Fraga do Eume de Pontedeume.
“Todo puido ter ocorrido, o que non quere dicir que os diálogos que se reproducen foran exactos, pero arredor da guerra creanse moitos bulos e hai que ser moi coidadosos. De todos os xeitos, a guerra é moitisimo máis terrible do que podemos concebir” salientou Sarille.
TEATRO "LOS TRES MOSQUETEROS"
Alumnado de 1º e 2º da ESO desprazáronse ao Fórum Metropolitano da Coruña, onde asistiron a adaptación da novela de Alejandro Dumas: “Los tres Mosqueteros”.
Á actividade organizada polo departamento de” Lengua Castellana y literatura”, asistiron acompañados das docentes: Anxos, Celia e Glafira.
Parabéns aos nosos alumnos polo seu respecto e atención!! |
PRESENTACION COMERCIAL DISTRIBUCIONES RIVAS
Alumnado de segundo curso dos cliclos medio de Servizos de Restauración e superior de Dirección en Servizos de Restauración, asistiron a presentación comercial ofrecida por "DISTRIBUCIONES RIVAS", no marco dos salóns do restaurante "MIRADOR DE SAN PEDRO" , en Coruña.
Durante a mesma ,tiveron oportunidade de asistir as diversas ponencias que se efectuaron por especialistas e técnicos desplazados dende diversas denominacions de orixe, e empresas comercializadoras de productos gourmet para restauración:
- O sommelier: figura indispensable no restaurante
- Ventresca e anchoa de santoña: elaboración, conservación e consumo.
- O xamón: corte, presentación e venda no restaurante
- O aceite de oliva: do olivo, pola almazara e á mesa
Ao remate das exposicións, o alumnado tivo oportunidade de degustar parte dos produtos, asi como catar varios viños e escumosos, procedentes de diversas denominacións de orixe, novedosos no mercado .
BIENVENIDA A LOS ALUMNOS DE 1º DE ESO
Hemos dado la bienvenida a los alumnos de1º de ESO. Durante dos sesiones les hemos dado de alta, les hemos explicado la organización y colocación del material y, por equipos, han comprobado cómo se puede encontrar de todo: libros, revistas, películas, diccionarios...
Alumnado de 2º curso dos ciclos medio de servizos de restauración e superior de dirección de servizos , realizaron una visita as instalacións do centro de experimentación agraria de Guisamo (Bergondo). Durante a mesma tiveron a oportunidade de participar na vendima da colleita, visitar as instalacións , asistir a una charla na cal se lles informou de diversos aspectos relacionados co eido vitivinícola , así como ser testemuñas do inicio das tarefas e procesos de elaboración do viño. |
O alumno Pablo Lagoa Loureiro de 2º da ESO, do IES Fraga do Eume de Pontedeume, foi proclamado gañador das Olimpiadas Matemáticas Galegas, e representará a Galicia na fase final Española, que se celebrará en Santander a finais de xuño
Aquí tedes a Pablo,xunto co resto dos finalistas ( Manuel, Álvaro e Jorge) co Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro.
COLABORANDO NA PROMOCIÓN DE PONTEDEUME
FASHION NIGHT EN PONTEDEUME Alumnado do ciclos medios de servizos en restauración (diúrno e modular ), colaboran co comercio Eumés , montando un stand no cal desenvolveron unha exhibición de coctelería, ao longo da mesma realizaron unha degustación de cócteles con e sen alcol . |
|
DEGUSTACIÓN NO MERCADO DE ABASTOS DE PONTEDEUME En colaboración co concello de Pontedeume, alumnado do ciclo medio de cociña, elaborou e ofreceu un aperitivo a base de produtos autóctonos e do mercado , o cal foi degustado polos clientes habituais do mercado de Pontedeume , actualmente ubicado nas “Lonxas de Raxoi”. |
|