O VERBO

Gramática
1. Forma: leva -ndo como SMT: and-a-ndo.

2. Valor: é unha forma nominal que ten aspecto imperfectivo (presenta a acción do verbo no seu desenvolvemento) e modifica adverbialmente o verbo: indo pola estrada viron un sapo.

3. Algunas peculiaridades:
3.1. Admite o sufixo -iño: ven correndiño!
3.2. Tamén pode acadar un valor imperativo: Andando, veña!
3.3. A súa repetición ten un carácter intensificador: remando, remando, remando… demos chegado.
3.4. Pódense conxugar, como acontece na nosa fala, algunas persoas: nós preparándomos o exame e vós a enredar.
3.5. Precedido da preposición en indica anterioridade: en acabando de cear, imos fóra tomar un xeado.
3.6. Ten un equivalente no infinitivo xerundial, a + infinitivo:
está chovendo ou está a chover.