• Maioritariamente mantéñense precedidos de a, e, o:

accidente, acción, coacción, extracción, infracción, reacción, satisfacción, subtracción, afección, (*afición), confección, inxección, obxección, cocción, cacto, carácter, olfacto, olfactivo, adxectivo, afecto, colecta, conxectura, (des)infectar, inxectar, obxectivo, obxecto, prospecto, proxecto, reflector, respectar, respecto, (*respeto), traxecto, traxectoria, autóctono,noctámbulo, nocturno, octaedro, octosílabo…

pacto “acordo” / pauto “co demo”

Perden o -c-: deflación, inflación, incoación; contrato, trato, tratado.

  • Suprímese o primeiro –c- ante i, u na maioría:
adición(“suma”), aflición, contradición, dicionario, predición, restrición, xurisdición, abdutor, condución, condutor, construción, construtor, dedución, destrución, obstrución, redución, produción, reprodución, reprodutivo, tradución, tradutor, aflitivo, beneditino, conflito, contraditorio, delito, ditado, ditar, ditador, ditadura, ditame, ditaminar, estrito, vítima, vitoria, conduta, estrutura, flutua, flutuación, frutífero, frutificar, instrutivo, instrutor, introdución, introdutor, lutuoso, produto, produtor, reduto, redutor.

Pero mantéñeno unhas poucas formas máis cultas:

adicción-adicto, convicción, dicción, ficción, fricción-friccionar, micción, succión-succionar, convicto, deíctico, edicto, ficticio, ictericia-ictioloxía, invicto, pictografía-pictórico, ricto, veredicto, dúctil-ductilidade, eructo-eructar.
  • Nas patrimoniais perdeuse ou vocalizou o –c-:

Perdeuse: acupuntura, conxunto, conxuntura, defuntopero plancto, fitoplancto.

Vocalizou: doutor - doutoramento - doutorar…, doutrina - doutrinal…, reitor - reitorado…, seita (*secta; pero sectario-sectarismo); suxeito, suxeitar.

Parónimos: adición (suma) / adicción (inclinación a algo); aceso (acendido) / acceso (paso)