1. Muda o significado escribindo os elementos xuntos ou separados:

afeito, a feito:

afeito (verbo afacerou afeitar): está afeito á calor; hoxe non me afeito.
a feito
(locuciónadv.: “a eito”): botou as sementes a feito.

arredor, darredor, ao redor: Son equivalentes, como preposicións ou adverbios:

habería arredor(darredor, ao redor) de mil persoas,
a carreira é arredor(darredor, ao redor) do rueiro,
era unha peste todo arredor(derredor, ao redor)

con que, conque:

con que: prep. con + relativo que: “ cocal”: é o sinal con que se avisa.
prep. con + interr. que:con que me avisan?
prep. con + conx. que:atopouse con que non o sabía facer.
conx. condicional: con que meavisen, abóndame.
Con que (conx.consecutiva: “polo tanto”): avisárono ben, conque non ten desculpa.

demais, de máis:

demais: (indefinido:“outro”, “o resto de”): levade o demais; as demais veciñascalaron.
de máis (locuciónadv.: “de sobra”, “en exceso”): teñen cartos de máis; falaron demáis.

porque, porqué, por que:

porque: conx. causal:“por causa de que”: non fun porque non me avisaron.
conx. final: “para que”:avisárono porque chegase a tempo.
conx. concesiva. “aínda que: porqueme avises, non vou ir.
por que: prep. por+ rel. que: o motivo por que non foi non se sabe.
prep. por + interr. que:por que non fuches? Dime por que non fuches. (Cómpre lembrar que o interrogativo non levatil)
porqué (substantivo:“causa, motivo, razón”): Ignoro o porqué de non ires; explícame os teus porqués.

senón, se non

senón: conxunción adversativa que indica unha contraposición:

  • introduce unha rectificación: nonfoi, senón que vai ir.
  • equivalente a “a menos que”:non sei por que non vas, senón que vaias mañá.
  • non + verbo + senón =non +verbo + máis ca : non é senón un desgraciado.
  • indica suma na secuencia non só…senón tamén: non só roubou a bici, senón tamén o coche.

se non:

  • conx.condicional se + adv. non nas oracións condicionais. Non vaias se non estás seguro ; se non queres, non chas levo.
  • conx. completiva se + non en oracións completivas e interrogativasindirectas: pensei se non seríamellor ir; preguntou se non era mellor deixalo.

tampouco, tan pouco

tampouco (adv.): eunon vou e ti tampouco; tampouco me avisaron.
tan pouco (cuantificadortan + adv. pouco): vou tan pouco por alí que xa non mecoñecen.

xunto a, xunta

Sonpreposicións equivalentes: “á beira de, preto de”: está xunto ao lume, está xunta o lume.

2. Outras vacilacións na segmentación e desviacións:

2.1. Indefinidos:

cadaquén. Non *cadaquen
cadaquén
(indefinido:“cada un, cada persoa”): a cadaquén o que lle corresponda, cadaquén édono do seu destino.

quenquera / quen queira

quenquera (indefinido: “calquera persoa”, equivalente a quen queira que):
quenquera que fose, é mala xente.
quen queira (relativo+ verbo): quen queira sabelo que o pregunte.

entrambos / entre ambos

entrambos (indefinido:“ambos”): entrambos o sabían, fixérono entre entrambos.
entre ambos
: entreambas, a escola e a casa, vai a rúa; entre ambos odescubriron.

2.2. Numerais:

dezaseis / * dazaseis
desasete
/ *dazasete
dezaoito
/*dazaoito
dezanove
/*dazanove
vinte e un
/*vinteún
vinte e sete… /*
vintesete
corenta
/ *cuarenta
oitenta /
*ochenta
douscentos
/ *douscentos
cincocentos /
*quinientos
sétimo
/ *séptimo
oitavo
/ *octavo
dobre (duplo, -a)
*doble
triplo –a
/*triple
metade
/ *mitade
terzo –a
/ *tercio
parella
/ *parexa
ducia
/ *docena
milleiro
/ *millar
século
/ *siglo
cuadrimestre
/ *cautrimestre
corentena
/ *cuarentena

2.3. Adverbios:

* a cegas : ás cegas
* a continuación : deseguido
* a cotío : acotío
* a escuras : ás escuras
* afin : á fin
* a mantenta : á mantenta
* a modo : amodo
* a penas : apenas
* a, *de presa /*a prisa : ás présas
* a veces : ás veces
* a reo : arreo
* a toas : ás toas
* ahora : agora
* ahí :
* casi : case
* de contado : decontado
* de cote : decote
* de cotío : decotío
* de seguida : deseguida
*devagar: devagar
*devalde: de balde
*demais: de máis
*dispois: despois
*donde: onde
*eiquí: aquí
*enfrente: en fronte
*enseguida: enseguida
*hoxendía: hoxe en día
*lexos: lonxe
*mañán: mañá
*mentras: mentres
*millor: mellor
*mismamente: mesmamente
*pasadomañán: pasadomañá
*pior: peor
*: si
*siquera: sequera
*soio:
*somentes: soamente
*talvez: talvez

2.4.Preposicións:

*a parte de : á parte de *de entre: entre

*a pesares de :a pesar de, pese a, malia *frente a: fronte a

*a redor de :arredor de *hacia: cara a, a, contra

*acarón de :a carón de *hasta, *hastra: ata, até

*antre :entre *perto de: preto de

*arrente(s) de :a rente(s) de *para: para

*asegún :segundo, conforme, consonte *según: segundo,conforme…

*cara : cara a *sin: sen

*conforme a :conforme *respeto a/de: respecto a/de

*consonte a :consonte

2.5.Conxuncións:

*a penas: apenas

*a pesares deque: a pesar de que

*anque: aínda que, aínda cando

*asegún: segundo, conforme, consonte

*de contado que: decontado que

*de seguida que: deseguida que

*desque: des que

*donde: onde

*e máis: e mais

*en seguida que: enseguida que

*i: e

*mentras que: mentres que

*millor: mellor

*mismamente: mesmamente

*nen: nin

*nembargantes: non obstante

*o mismo que: o mesmo que

*pior: peor

*según: segundo , conforme , consonte

*sen/sinembargo: non obstante

*si: se

2.6.Outras dúbidas:

a mais, a máis, a máis de:

a mais (conx.copulativa : “e mais”) : ela a mais (e mais) a veciña.

a máis (artigo/prep.+ adv. máis): era a máis querida / a chuvia vai a máis.

a máis de (locuciónprepositiva): había outra xente, a máis da veciña.

á parte, a parte. Nunca*aparte.

á parte (sexalocución adverbial ou prepositiva): deixámolo á parte; pon un punto e áparte; á parte do quedixeches, hai algo máis.

a parte: só nalocución de parte a parte: percorrémolo de parte a parte.

abondo, dabondo. Nunca*de abondo.

Equivalentes como adverbios: falei abondo, falei dabondo.

Como indefinido só abondo: teño tempo abondo, teño abondas ganas.

así mesmo/asemade. Non*asimesmo. Son adverbios consignificados distintos:

asemade (adv. detempo: “ao mesmo tempo, simultaneamente”):

apertárono asemade pai e irmán; aténdeno asemade osdous médicos.

así mesmo (adv.afirmación: “tamén, ademais”). Neste caso non pode usarse asemade: hai que enviar un correo e asímesmo ir asinar á oficina;

así mesmo,cómpre asinar as outras follas.

case, case que: ten case corenta anos, ten case que corenta anos. Nunca *cáseque.

cara a. Nunca *cara; *hacia é castelán.

Entodas as acepcións: dirección, tendencia, inclinación, localización imprecisatemporal ou espacial:

vai cara a Louro;vai cara ao Freixo; vai cara á Coruña;

vai cara á praia; será cara ao verán.

desde que, des que. Nunca*desque.

Desde que (des que) marchou,non soubemos nada dela.

en fronte. Nunca *enfrontenin *en frente.

Trátese de locución adverbial ou prepositiva: viven en fronte; viven enfronte do porto

en tanto, no entanto. Nunca *entanto.

en tanto (conx.temporal): eles van, en tanto que elas quedan.

no entanto (conx.adversativa: “non obstante”): está ben, no entanto, podía estar mellor.

encol de / acerca de, verbo de, respecto a

encol de (locución prep.: “encima de”): a cometa está encol do tellado. Non se pode empregar co significado das outras formas, que son sinónimas: saben pouco verbo das (acerca das, respecto ás) novas enerxías.

mentres, namentres, entrementres: as tres son correctas. Non *mentras…

non obstante (pero,así e todo, con todo, ora ben…) Nunca *sen embargo, *nembargantes, *non embargantes

outrora, noutrora

outrora (“hai tempo,antes”, “noutro momento”): outrora tiña as tardes ocupadas.

noutrora (“en tempospasados”): noutrora viviamos en castros.

polo menos, ao menos. Nunca *alomenos.

Son locucións adverbiais equivalentes: “como mínimo”: eran polo menos corenta.

Última modificación: Martes, 19 de Xullo de 2016, 15:17