ACENTUACIÓN: O ACENTO GRÁFICO

1. Levan til (sexan maiúsculas ou minúsculas):

1.1. As palabras agudas polisilábicas que rematen en

  • vogal: mañá, tabú, café, aí, dominó
  • vogal + n: irmán, alguén, algún
  • vogal + s: mañás, cafés, ventás
  • vogal + ns: cancións, algúns, violíns

Non se acentúan

  • cando rematan noutra consoante: arroz, anel
  • cando son monosilábicas: xa, fe, si, nu, cru
  • cando rematan en ditongo decrecente: cantei, falou, ademais, papeis, azuis.

1.2. As palabras graves que rematan en:

  • consoantes distintas de -n, -s, -ns: móbil, réptil, carácter, álbum, cáliz, bíceps, clímax.
  • ditongo decrecente: amábeis, hóquey.

1.3. Todas as esdrúxulas: lóxico, cómodo, mágoa, tépedo.

1.4. í, ú en hiato (cando son tónicas e non forman sílaba coa outra vogal):

aí, aínda, baía, caía, país, raíña, caída, areíña, proteína, heroína, oído, fía, ría, chíes, confíes, adobío, esquí, fío, desvarío, súa, dúas, rúa, túa, posúo, posúes, atribúa, Fiúza, baúl, reúne, inclúe, dúo, efectúo.

1.5. Til diacrítico: diferencian palabras homógrafas (coa mesma forma); lévao a tónica fronte á átona e a de timbre aberto fronte a de pechado:

á(s) (contracción, subst.)
bésta (arma, peza dun vehículo)
bóla (esfera)
chá(s) (plana, lisa)
cómpre, cómpren (ser preciso)
dá(s) (verbo dar)
(compaixón, aflición; nota musical)
é (verbo ser)
fóra (adverbio)
má(s) (malas, ruíns)
máis (adverbio, indefinido)
(subst.)
nós (plural de nó; pron. tónico)
ó(s) (aos)
óso (parte do esquelete)
(parte do corpo)
póla (de árbore...)
pór (poñer)
présa (apuro)
( sede eclesiástica; verbo ser)
(adverbio, adxectivo)
( infusión, planta e folla)
vén (presente do verbo vir)
vés (v. vir)
vós (pronome tónico: vosoutros)
a(s) (artigo, pron., prep.)
besta (animal)
bola (peza de pan)
cha(s) (che + as)
compre, compren (de comprar)
da(s) (contracción)
do (contracción)
e (conxunción)
fora (verbos ser, ir)
ma(s) (me + as)
mais (conxunción: pero)
no (en + os)
nos (en + os ; pron. átono)
o(s) (artigo, pron. átono)
oso (animal)
pe (letra)
pola (por + a; galiña nova)
por (preposición)
presa (subst.)
se (pron.; conxunción)
so (prep.: baixo, baixo de)
te (pronome, letra)
ven (v. ver; imperat. v. vir)
ves (v. ver)
vos (pron. átono)

2. Casos especiais:
  • os verbos con pronome enclítico (posposto e soldado) compórtanse como se se tratase duna soa palabra, de maneira que seguen as normas anteriores:

dirá pero dirao; dixera pero dixérao;

meteu, meteuse pero metéusevos.

  • os verbos con acento diacrítico consérvano ao engadírmoslles pronome, sen respectar as normas anteriores:

é, éo ou élles; dá, dáme, dálles; vés, vésllo

  • os adverbios en –mente prescinden do acento: fácil pero facilmente, rápida pero rapidamente; pero fácil e rapidamente.
  • nas compostas:

Se están soldadas prescinde do acento o primeiro termo: vichelocrego, decimosétimo.

Se non están soldadas e levan guión compórtanse como palabras independentes: teórico-práctico, lúdico-festivo, maníaco-depresivo.


3. Non levan til:

  • os demostrativos, nunca: este galo, o galo é este; aquel non é
  • o pronome persoal el: non foi el.
  • o pronome persoal min: mandouno para min.
  • os interrogativos e exclamativos, introduzan frases directas ou indirectas:

Que queres? canto é? como foi? que marabilla!
Canto me gusta!;
Dille cando volves, pregúntalle cal quere.

Só o podemos usar nas indirectas para evitar ambigüidade:

Dille qué queres (imterrog.: que qures?)
Pero dille que queres (dille que si)

  • si, sexa adverbio de afirmación (vés? vou, si) ou pronome reflexivo: compouno para si.


4. Casos frecuentes de acentuación incorrecta:

  • Por dialectalismo (caso da nosa área lingüística):

As p4 e p5 de copretérito, antepretérito e pospretérito de indicativo (imperfecto, pluscuamperfecto e condicional) non levan til:
*andábamos, *andábades; *andáramos, *andárades; *andaríamos…
andabamos, andabades; andaramos, andarades; andariamos…

  • En cultismos (xeralmente por castelanismo):
    • Como norma, comparten a acentuación os que teñen a mesma terminación:

se é neon, será cripton, radon…;
se é énclise será próclise;
se auréola tamén rubéola;
se petróglifo, xeróglifo;
se amoníaco, cardíaco, maníaco;
se aerólito, electrólito, megálito, monólito…;
se atmosfera, estratosfera…;
se apoplexía, hemiplexía, paraplexía, tetraplexía…:

    • Levan til (a acentuación non coincide coa do castelán):

áloe, amálgama, amoníaco, anódino, auréola, bérber (*bereber), bronquíolo, cóctel, cóengo, eléctrodo, énclise, endócrino, fútbol, isóbara, lígur, mísil, óboe, olimpíada, período, perístilo, psoríase, réptil, réxime, rícino, rubéola, téxtil

    • Non levan til (a acentuación tamén é distinta da do castelán):

acne, albumina, alumina, anemone (*anémona), atmosfera, chofer, ciclope, conclave, diocese, arquidiocese, elite, esexese, esexeta, heroe, hipermetrope, ibero, celtibero, medula, meteoro, neon, omoplata, osmose, parasito, paxaro, pelicano, quefir, reuma

Última modificación: Martes, 19 de Xullo de 2016, 15:17