I. LETRAS

Letras do Galego

1. LETRAS B, V

1.1 Levan b:

Levan B

1.2. Levan v:

Levan V

Nomes de persoa: Cristovo, Estevo, Xavier ou Xabier.

1.3. Combinan b e v:

verbo, adverbio, benvida, bovino, bravío, breve, obvio, proverbio,vimbio, bóveda-abovedar, subversivo, víbora, …

1.4. Palabras homófonas (mesmo son, pero escrita e significado distintos):

abalar (mover, aban(e)ar) / avalar (dar un aval)

baca (portaequipaxes sobre ocoche) / vaca

baga (froito) / vaga (onda do mar)

bago (gran de uva) / vago (preguiceiro; impreciso)

balor (mofo) / valor (coraxe; validez; prezo)

bascular (oscilar, descargar) / vascular (relativo aos vasossanguíneos)

basta (dobra inferior da roupa) / vasta (extensa, ampla)

basto (espeso, mesto; vulgar,groseiro) / vasto (extenso, amplo)

bela (linda, fermosa) / vela (peza dun barco; nunca candea:para alumear)

berro ( grito, ruído) / verro (verme que ataca a vaca; nunca verdura: agrón)

biso (enagua) / viso (aparencia, traza; miradoiro)

bobina (carrete, cilindro) / bovina (vacúa)

boga (peixe) / voga (de vogar, remar)

botar (lanzar, expulsar; darbotes) / votar (emitir o voto)

nobel (premio) / novel (principiante, inexperto)

rabo (cola, mango) / ravo (hortaliza)

rebelar (sublevarse, alzarse, amotinarse) / revelar (desvelar, descubrir)