Skip to Content

NOVO PROXECTO CONCEDIDO AO CENTRO

O Ministerio de Educación acaba de concedernos un proxecto de agrupación con outros catro centros mais do panorama nacional. O proxecto, que suporá diferentes xuntanzas entre o profesorado e o alumnado dos 5 centros agrupados, ten por título "Desarrollo de competencias básicas a través del aprendizaje-servicio" Forman parte deste proxecto o IES Fin do Camiño (Fisterra, A Coruña), o IES Miguel Catalán (Coslada, Madrid), o IES Parquesol (Valladolid, Castilla y León), o IES Arcipreste de Hita (Azuqueca de Henares, Castilla-La Mancha) e o IES Leonardo da Vinci San Cugat del Vallés (Barcelona).

Perséguese a mellóra dos resultados escolares a través da posta en marcha de distintos proxectos de formación en competencias básicas que seguen unha metodoloxía de aprendizaxe-servizo solidario e de axuda entre iguais. O alumnado ten un papel activo na aprendizaxe, desenvolvendo diferentes habilidades e destrezas para o desempeño de roles de axuda no centro e na comunidade que revirten no rendemento académico, a integración e o benestar escolar de si mesmos e dos destinatarios.
O proxecto de agrupación consiste no intercambio de prácticas de aprendizaxe-servizo para a elaboración de materiais audiovisuales e procesos comúns que poidan ser de utilidade a outros centros. Ademais, búscase a creación de lazos emocionais e profesionais mediante encontros entre o profesorado e tamén entre o alumnado dos cinco centros escolares que traballarán en rede.

Accede ao texto completo aquí:

 

 


page | by Dr. Radut