Premios

Elba Nuñez

Elba Núñez, cun 13,72 nas probas ABAU, proxecta comezar un dobre grao de Filoloxía Inglesa e Castelán despois de cursar Ciencias no Bacharelato.

Foto:  Miguel Villar

Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven 2020

La ourensana Alba Cid gana el Premio Nacional de Poesía Joven 2020

La Región

 

Alba Cid gana el premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por su  obra «Atlas»

 

 

 

Premio para os mellores expedientes académicos galegos do 2019

                  

      Todos os premiados (foto Xunta)              A directora, Ana Gómez Mesejo, coa nosa alumna premiada Cristina Martínez Veras

Un total de 40 alumnos galegos, 24 de eles mulleres, de Bachareato y de Grao Superior de Formación Profesional, foron premiados este venres en Santiago cos galardóns extraordinarios que outorga a Xunta aos mellores expedientes académicos polo pasado curso 2018-2019. En concreto, 13 alumnas e sete alumnos de Bacharelato de diferentes institutos galegos, con medias iguais ou superiores aos 8,75 puntos, foron premiados tras pasar unha proba específica. No caso dos ciclos de Grao Superior de FP, os galardoados foron un total de 11 mozas e nove mozos, todos cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior aos 8,5 puntos.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, que presidiu o acto, indicou que estes premios serven para "reforzar o esforzo, a implicación e a persistencia" e valorou a presenza maioritaria de mulleres premiadas, que espera "non acabe incrementando a brecha de xénero".  A directora do IES Ferro Couselo, Ana Gómez Mesejo, falou en representación dos directores de todos os centros de Galicia.   Ademais dun diploma acreditativo, os estudantes galardoados de bacharelato recibiron un premio económico de 1.000 euros, mentres que aos alumnos de Grao Superior de FP outorgóuselles un total de 850 euros e o dereito para concorrer aos premios nacionais de formación profesional.

 

XI OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

Máis de 300 escolares galegos de 4.º de ESO y Bachillerato demostraron os seus coñecementos xeolóxicos na celebración da XI Olimpiada de Xeoloxía, organizada pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Tierra (AepectEPECT), o Colexio de Xeólogos e a Sociedade Española de Xeoloxía.

Os nosos parabéns ao alumnado do IES Ferro Couselo pola súa participación, especialmente á alumna Rebeca Baliña Rodríguez, de 1º de bacharelato, que resultou gañadora e participará na fase nacional, que terá lugar do 27 ao 29 de Marzo en Cuenca.

Parabéns tamén para o noso alumno Marcelo Antonio Veliz Ossandon, diploma accésit para 4º ESO

                                                                       

Premios extraordinarios de Bacharelato en Galicia

Parabéns a nosa alumna Cristina Martínez Veras

Premio extraordinario de Bacharelato 2017-19 en Galicia

  • Recibirá un premio en metálico.
  • Exención de pago da matrícula no primero curso da Universidade
  • Poderá optar ós Premios Nacionais de Bacharelato.

Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obligatoria

Parabéns á nosa alumna de 1º de bacharelato Elba Núñez Suárez polos fantásticos resultados obtidos na última convocatoria dos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obligatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/2018,  cunha cualificación que a sitúa entre os cinco primeiros dos mais de 450 alumnos presentados.

Parabéns, Elba

Distribuir contido