Premio para os mellores expedientes académicos galegos do 2019

                  

      Todos os premiados (foto Xunta)              A directora, Ana Gómez Mesejo, coa nosa alumna premiada Cristina Martínez Veras

Un total de 40 alumnos galegos, 24 de eles mulleres, de Bachareato y de Grao Superior de Formación Profesional, foron premiados este venres en Santiago cos galardóns extraordinarios que outorga a Xunta aos mellores expedientes académicos polo pasado curso 2018-2019. En concreto, 13 alumnas e sete alumnos de Bacharelato de diferentes institutos galegos, con medias iguais ou superiores aos 8,75 puntos, foron premiados tras pasar unha proba específica. No caso dos ciclos de Grao Superior de FP, os galardoados foron un total de 11 mozas e nove mozos, todos cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior aos 8,5 puntos.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, que presidiu o acto, indicou que estes premios serven para "reforzar o esforzo, a implicación e a persistencia" e valorou a presenza maioritaria de mulleres premiadas, que espera "non acabe incrementando a brecha de xénero".  A directora do IES Ferro Couselo, Ana Gómez Mesejo, falou en representación dos directores de todos os centros de Galicia.   Ademais dun diploma acreditativo, os estudantes galardoados de bacharelato recibiron un premio económico de 1.000 euros, mentres que aos alumnos de Grao Superior de FP outorgóuselles un total de 850 euros e o dereito para concorrer aos premios nacionais de formación profesional.