Un camiño de Santiago cheo de vida

O mércores 26 de outubro, como actividade do proxecto Camiño de Santiago cheo de vida: cultura, natureza e ecoloxía, visitamos a estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas do Carballiño, fixemos unha pequena ruta camiñando e rematamos o chuvioso día no Mosteiro de Oseira.

No Carballiño, o encargado de mergullarnos no mundo da predicción meteorolóxica foi Miguel García. A estación que el puxo en marcha nos anos 80, e da que se encarga a diario dende entón, pertence á rede da Axencia Estatal de Meteroloxía (AEMET). Explicounos como funcionan diversos aparellos de medición coma un pluviómetro, un heliógrafo ou un anemómetro. Houbo tempo tamén para a interpretación de datos, para diferenciar entre medicións e prediccións e para navegar pola páxina da AEMET en busca do que nos esperaba nas próximas horas: chuvia intensa.
 
A pesares da predicción meteorolóxica de Miguel, aventurámonos a facer a pé un anaco do Camiño de Santiago dende o instituto ata a área recreativa próxima ao Mosteiro de Oseira. A primeira hora da tarde realizamos unha interesante visita guiada por diversas zonas do mesmo como a igrexa, a escaleira de honra, o museo de pedra, a antiga sala capitular ou biblioteca.

Unha actividade nun chuvioso día de outono que resultou ser moi enriquecedora.

 

 

Obradoiro de poesía

O luns 23 de outubro o alumnado do club de lectura de 1.º ESO participou nun obradoiro que se desenvolveu no descanso previo ás horas lectivas da tarde (15-16 horas). A biblioteca converteuse nun lugar cheo de poesía no que recitamos, creamos e reflexionamos sobre a creación poética. O alumnado descubriu que a poesía é ritmo e música con poemas de Nicolás Guillén, pero tamén que cousas tan simples coma unha cebola poden ser merecedoras dun poema e que, ás veces, se cambiamos unha soa palabra, o sentido da composición muda completamente. Mentres a choiva batía nos cristais... a rapazada fixo arte coas palabras.

Club de lectura

Hoxe foi un día importante: por fin botamos a andar o noso club de lectura en colaboración co CIS Aixiña. Cando chegamos, alí estaban Lalo,  Modesto, Elena, Pili, Camy, Ángeles, Celso, Moncho, Julia... Foi coñercérmonos e sentir que estabamos facendo algo grande e marabilloso. As barreiras e os prexuízos caeron e comezamos a falar da vida e da literatura. Bastaron cinco minutos para que o noso alumnado e os usuarios do centro de día de Aixiña se entenderan coa mirada e coas palabras. Isto non fixo máis que comezar, pero promete que vai ser unha gran aventura. E para botar a navegar este barco capaz de surcar o mar máis fero, o libro escollido foi Las vencedoras, de Laetitia Colombani. Feliz travesía e feliz lectura!!

                     

Teatro Principal: estrea para escolares da obra de Sarabela Made in Galiza

O venres 22 de setembro tivemos a oportunidade de acudir ao Teatro Principal á estrea para escolares da obra de Sarabela Made in Galiza.

Esta peza teatral chea de humor, ponnos ante un espello de nós como falantes dunha lingua minorizada para combater numerosos prexuízos. Baséase na obra de Núñez Singala e é un complemento perfecto ás clases de Sociolingüística.

Tivo a sorte de presenciar este espectáculo o noso alumnado de Literatura universal de 1.º de Bacharelato.

Curso 2023-2024

Enlace á información detallada sobre o primeiro día do curso

Para acceder á aula virtual por primeira vez, preme no enlace á dereita desta páxina.  

Segue as instrucións deste documento

 

Fondolibros curso 2023-2024

Ligazón

Prazo de presentación de solicitudes:  do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Publicación de listaxes provisionais: 12-7-2023

Publicación de listaxes definitivas: 26-7-2023

Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 

Libros de texto para o curso 2023-2024

Enlace ao listado de libros para o curso 23-24

Aviso para o alumnado de 3ºESO:  recoméndase non mercar o libro de Física-Química ata falar coa profesora en setembro.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

Comedor escolar:  Publicadas con data 4 de xullo as Instrucións de xestión de comedores para o vindeiro curso 2023-2024, é necesario que todos os usuarios do servizo cubran e entreguen no centro o seguinte modelo de autodeclaración debidamente cuberto. Modelo de autodeclaración aquí

O alumnado que xa formalizou a matrícula con anterioridade ao presente aviso, pode enviar o impreso de autodeclaración ao enderezo electrónico do centro, indicando "comedor + nome apelidos + curso"

Enderezo electrónico do instituto: ies.ferro.couselo@edu.xunta.gal

 

Prazo ordinario de matrícula:  do 26 de xuño ao 10 de xullo. Lembramos que non hai período extraordinario de matrícula en setembro. Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas.  Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.

Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións.  Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:

 

Instrucións, impresos de matrícula e outra documentación para:

1º ESO:  Impresos de matrículaANPAautorización uso de imaxes

2º ESO:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes

3º ESO:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes

4º ESO:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes

1º BAC: Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes, Anexos

2º BAC:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes, Anexos

NOVAS FIN DE CURSO 2022-2023

Entrega de boletíns de cualificacións para alumnado da ESO:  27 de xuño ás 12:00 horas.

Entrega de boletíns de cualificacións para alumnado de Bacharelato:  23 de xuño ás 12:00 horas.

CALENDARIO

Criterios de promoción e titulación ligazón

Distribuir contido