Nina Simone

NINA SIMONE

Eunice Kathleen Waymon (Tryon, Estados Unidos, 21 de febrero de 1933 - Carry-le-Rouet, Francia, 21 de abril de 2003), coñecida como NINA SIMONE, foi unha cantante, compositora e pianista estadounidense de jazz, blues e soul. Foi recoñecida mundialmente co alcume de «High Priestess of Soul». Estilísticamente, distinguíase pola súa voz, caracterizada pola súa pasión e o seu breathiness (voz arquexante, como sofocada). A influencia de Duke Ellington é patente en toda a obra de Nina, pero moi especialmente en certo tipo de composicións cheas de improvisación e de cercanía espiritual ( tipo gospel). Nina acada unha grande complicidade co oínte gracias ao emprego intencional dos silencios e minimizando o acompañamento. A súa voz as veces somentes susurra, para logo berrar ou xemer, transmitindo todas as sensacións que a alma humana é quen de experimentar. My baby just cares for me, foi o tema que lle asegurou fama internacional. Trinta anos despois de ser grabado por ela en disco por primeira vez, na súa versión orixinal, alcanzou o número 5 da clasificación de ventas no Reino Unido e acadou un enorme éxito en toda Europa en 1987, nembargantes outras grandes cancións, como Mississipi Goddam, I put a spell on you o I love you Porgy xa lle deran grande recoñecemento dun público de entendidos a finais dos anos cincoenta. Foi unha gran loitadora polos dereitos civís dos afroamericáns , o que expresou en moitas oportunidades a través das súas composicións e o que lle levaría a abandonar os Estados Unidos tralo asasinato en 1969, de Martin Luther King, farta da segregación racial contra os cidadáns de color do seu país.