Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Extraescolares e ComplementariasVISITA DIDÁCTICA AO IMELGAEnviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 06:10
00/00/
Array
O alumnado de 1º de Bacharelato, xunto co de 2º de Bacharelato A, visitará o vindeiro 27 de maio as instalacións do Instituto Galego de Medicina Legal, nunha viaxe organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. A saída producirase ás 9:20 horas, e retornarán ás 16:00 horas aproximadamente. ( categories: )
VISITA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELAEnviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 05:54
00/00/
Array
O alumnado de 2º de eso A, xunto co de Hº da Arte de 2º de Bacharelato, viaxarán o día 24 de maio a Santiago de Compostela para realizar unha visita didáctica organizada polo departamento de Xeografía e Historia.
( categories: )
PROGRAMA ARCE: VIAXE DIDÁCTICA A TARIFA (CÁDIZ)Enviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 05:45
00/00/
Array
Acompañados polo profesor José Engroba, e dentro do programa ARCE de agrupamento escolar, viaxarán a Tarifa para intercambiar experiencias e compartir traballo cos outros centros agrupados no programa, os alumnos detallados abaixo. Sairán o día 8 de maio e regresarán o 14. Boa viaxe!
( categories: )
CONFERENCIA E.P.A. CÁRCERE DE TEIXEIROEnviado por admin o Mér, 04/05/2011 - 05:42
00/00/
Array
O departamento de Filosofía organiza unha conferencia da E.P.A. do cárcere de Teixeiro na que falarán do PROXECTO "ANOCA": O EXERCICIO DA CIDADANÍA EN PRISIÓN. Para isto, recibiremos a visita de reclusos e monitores dese cárcere. A conferencia está dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato. Podedes visitar o blogue do proxecto AQUÍ. ( categories: )
INTERCAMBIO DO IES "CABO ORTEGAL" (CARIÑO)Enviado por admin o Mar, 03/05/2011 - 06:15
00/00/
Array
O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística organiza o 18 de maio, mércores, froito dun intercambio entre o noso centro e o IES CABO ORTEGAL, de Cariño (A Coruña), recibiremos a visita de alumnos/as dese instituto. Ao longo da mañá, desenvolveránse distintas actividades no centro. Pola tarde, percorreremos a Ruta da Auga.
( categories: )
CORRELINGUAEnviado por admin o Mar, 03/05/2011 - 06:01
00/00/
Array
O mércores 11 de maio, o alumnado de 4º de ESO (incluido PDC), asistirá en Lugo á XI edición do CORRELINGUA. CORRELINGUA é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Trátase de darlle protagonismo social e voz ao sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega e que debe ter un papel activo no mesmo. Para este ano elexiuse como lema da actividade "En galego sempre somos", sinalando a importancia da lingua como mellor vehiculo de expresión da nosa indentidade colectiva e xa que logo, como medio de unión entre as galegas e galegos. ( categories: )
MATEMÁTICAS NA RÚAEnviado por admin o Mar, 03/05/2011 - 05:51
00/00/
Array
O próximo martes 10 de maio, o alumnado de 1º a 4º de ESO desplazaráse a Lugo para participar na actividade MATEMÁTICAS NA RÚA, acompañados polos/as profesores/as Mercedes González, Consuelo Otero, Mª Carmen Marrondo e Víctor Pollán. A saída será ás 8:45 e voltarán ás 20:00. Con esta actividade, que se desenvolverá nas rúas e prazas, os participantes aprenderán mediante o xogo cálculo mental, xeometría en 2D e 3D, lóxica, xeometría dinámica e mosaicos. ( categories: )
CONFERENCIA MATILDE RÍOSEnviado por admin o Mar, 15/03/2011 - 07:02
00/00/
Array
O xoves ven ao instituo Matilde Rios, autora do libro "Matemáticas nas matemáticas", con motivo "do día da muller traballadora", e tocará o tema da escasez de mulleres científicas, na súa versión "matemáticas".
( categories: )
FESTA DO ANTROIDOEnviado por admin o Mar, 01/03/2011 - 14:12
00/00/
Array
O venres 4 de marzo celebramos no instituto a nosa festa do antroido, na que contamos coa actuación do grupo Irmandades do Falo ( categories: )
Viaxe do alumnado de 1º de Bacharelato a Roma e FlorenciaEnviado por admin o Ven, 21/01/2011 - 03:50
00/00/
Array
Entre os días 28 de febreiro e 5 de marzo, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato visitaron Roma e Florencia... A ver que aprenderon... Aquí tedes o álbume de fotos da viaxe ( categories: )
|
EventosMEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |