2º de BACHARELATO

Enviado por admin o Mar, 07/07/2015 - 20:59

Aquí están. Eles e elas. Todos posando felices por ter rematado (por fin!) o seu paso polo noso Instituto. Seguro que a algúns/has faríaselle curto, mentres que a outros/as pareceríalles unha eternidade. Pero todo o que comeza remata algún día.

Eles e elas son: Aldara, Cristina, Paula, Manoli, Carlos, María, Andrea, Elena, Noelia, Christian, Yaiza, Martín, Laura, Esteban, Sabela, Suso, Martín, Noelia, Xurxo, Daniel e Jonathan.

A nós, como equipo docente deste centro, só nos queda xa desexarlles o mellor e os maiores éxitos nas súas vidas, fagan o que fagan con elas.

 

 

 

( categories: )