MATEMÁTICAS E HISTORIA

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 07:55
29/04/2013 08:30
29/04/2013 14:45
Etc/GMT+1

Organizada polo DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS do IES Poeta Díaz Castro, o vindeiro luns día 29 de abril, o alumnado de 4º de ESO, 4º de PDC e 1º de BAC realizará unha visita a Santiago de Compostela na que desenvolverán diversas actividades relacionadas coas Matemáticas e coa Historia.

Serán os profesores acompañantes nesta ocasión VÍCTOR POLLÁN FERNÁNDEZ e SANTIAGO DANS SAMPEDRO.

Sairán do instituto ás 8:30 h., tendo prevista a chegada de novo ao centro ás 14:45.