VIAXE DIDÁCTICA A ITALIA

Enviado por admin o Ven, 05/04/2013 - 04:52
11/04/2013 07:00
17/04/2013 07:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato marchásenos uns días en viaxe de estudos a ITALIA.

Esta aventura arrancará o xoves día 11 de abril, ás 7:00 da mañá no instituto, de onde sairemos en bus cara a LISBOA, para alí embarcar en avión rumbo a Italia.

Nesta visita, permanecerán en ROMA dende a chegada ata o domingo día 14 de abril, momento no que se desplazarán en bus ata FLORENCIA, cidade que sen dúbida disfrutarán ata a fin da viaxe.

Sairán de novo cara a Guitiriz (vía Lisboa de novo) o martes día 16 de abril, se ben non chegarán ata a madrugada do mércores 17.

Nesta viaxe, estarán acompañados pola profesora MARÍA MIRAGAYA PEREIRA e o profesor JULIO GONZÁLEZ IGLESIAS.

 

Aquí vos deixamos uns enlaces para que podades ver e/ou descargar o programa da viaxe (previsto, xa se verá se se pode cumplir todo). Tamén poñemos á vosa disposición unha serie de recomendacións para os viaxeiros, así como unha guía caseira con información de todo o que pretendemos ver...

Boa viaxe!