Skip to Content

Simulacro activación do Plan de Emerxencia Exterior

Dende a Xefatura do Servizo de Emerxencias recibimos a comunicación para realizar un simulacro de activación do PEE.

A data de realización será o martes 18 de decembro durante a mañá, e a información máis relevante é a seguinte:

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018

HORARIOS COMEZO DO CURSO 2018-19

RAID DE ORIENTACIÓN EN LUGO

RAID FLUVIAL LUGO

A pasado fin de semana o Ciclo Medio de Condución de Actividades físicas no Medio Natural participó no Raid de Orientación de Lugo coa presenza de dous equipos, un deles na categoría Élite e outro na categoría Orienta-Raid.

Os resultados foron moi positivos, cun 4ª posto nesta última categoría, aínda que o máis importante foi a experiencia de participar por primeira vez neste tipo de probas, que combina modalidades coma carreira a pé, bici de montaña, kayak, rápel ou tiro con arco, todo isto coa necesidade de orientarse no terreno cun mapa e compás.

Noraboa aos participantes!!!

XORNADAS ARTEIXO INNOVACION 2018

Os pasados 7, 8 e 9 de Maio leváronse a cabo as xornadas de Arteixo Innovación que organiza o concello de Arteixo cos centros educativos de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e FP. Nestas xornadas poidemos ver todo tipo de proxectos educativos baseados nas TIC e nas TAC que están a desenrolar os docentes que pertencen aos centros do concello adscritos ao Plan de Arteixo Innovación.

Contouse con poñentes tan magníficos como o profesor Anxo Carracedo que conxuga á perfección humanismo, ciencia e innovación.

Por parte do noso centro expuxéronse os proxectos seguintes:

Distribuir contido