Skip to Content

CERTAME DE FOTOGRAFÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O día das letras galegas este ano está adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán (1903 - 1987), e por iso homenaxeámolo con un concurso.

Neste concurso hai tres modalidades:

    Modalidade 1

Fotografías que ilustren estrofas de poemas de Florencio Delgado Gurriarán.
      Dentro desta modalidade teremos un poema por cada trimestre.

      1º trimestre: Cousas de outono

      2º trimestre: Paisaxes de inverno e Inverno no monte

      3º trimestre: San Xosé e Aí ven o Maio

    Modalidade 2

Fotografías que ilustren a admiración pola natureza.

    Modalidade 3

Fotografías que denuncien o maltrato á natureza e/ou a degradación do medio ambiente. Exemplo

    BASES:

-   O concurso está aberto á participación de calquera membro da comunidade educativa do IES de Sabón.

-   Só se poderá presentar, como máximo, unha fotografía por cada modalidade e trimestre (é dicir, un total de tres fotografías por trimestre).

-   As fotografías deben ser orixinais (non vale baixalas da web).

-   Todas as fotografías levarán un título ou lema en galego.  As da segunda modalidade levarán tamén un lema ou breve texto explicativo da escolla.

-   As fotografías enviaranse ao seguinte enderezo: concursosdlg@iesdesabon.org, e no asunto indicarase o título do concurso

-   Identificarase o  nome do autor (alumno, curso, etc.)

-   Publicaranse na web do centro todas as fotografías enviadas que se adecúen ás bases.

-   Por cada fotografía publicada obterase un vale para a cafetería do centro.

-   Ao  remate de cada trimestre, un xurado formado por profesores, alumnos e persoal non docente elixirán a mellor fotografía de cada modalidade, que recibirá un premio de 10 euros.

-   No  mes de xuño escolleranse  as tres mellores  fotografías de todo o curso, que recibirán os seus respectivos premios (30 euros o primeiro premio, 20 o segundo e 10  o terceiro).

-   O profesorado poderá participar, mais non optar aos premios.



blog | by Dr. Radut