Xa levamos cinco xornadas do campionato, 20 partidas, e o balance non pode ser mellor. Celebráronse todas as partidas con moi bo ambiente e moito nivel. É moi bonito ver ao alumnado de 2º de bacharelato formando equipo co de 1º de ESO, e ver ao de 2º e 3º de ESO que xa van coñecendo as fichas sen mirar tanto a chuleta. O de 4º ESO e 1ºBAC tamén queren gañar, pero neste torneo nalgún momento teñen que perder 118 dos 120 participantes, e aprender a perder é un dos obxectivos da actividade.
Mención especial merecenos árbitros e árbitras que fan posible que todo vaia ben. Pero ...aínda queda moito!