PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POLOS RESULTADOS NA PROBA ABAU - PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
É unha enorme satisfacción compartir coa nosa comunidade educativa os excelentes resultados acadados polo alumnado do IES O COUTO nas probas ABAU, e, en especial, os 14 alumnos/as que obtiveron unha cualificación superior aos 12 puntos.
- 5 alumnos cunha cualificación entre 12 e 12,5 puntos
- 5 alumnos cunha cualificación entre 12, 5 e 13 puntos
- e 4 alumnos cunha cualificación superior a 13 puntos, dos cales dous superan os 13, 5 puntos.
Un total de 50 alumnos se presentou as probas ABAU, non quedando ningún alumno por titular en setembro.
Por outra banda, o IES O COUTO obtivo a mellor nota media nas probas ABAU en Ourense, sendo esta de 6,81 puntos.
Animamos ao alumnado que obtivo unha cualificación igual ou superior a 8,75 puntos na nota media do Bacharelato a presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 23 de xullo de 2020 e rematará o día 24 de agosto de 2020.