Skip to Content

HORARIO DE VERÁN XULLO E AGOSTO

HORARIO XULLO de 10:30 h. a 13:00 h.

HORARIO AGOSTO de 11:00 h. a 13:00 h.

Centro CERRADO os días 26 de xullo e 16 de agosto 2024

 

  • Certificación académica, CELGA: alumnado do IES O Couto, escolarizado a partir  do ano 2000 en adiante prazo de dous - tres días, solicitar por correo electrónico adxuntando: copia do DNI ou documento identificativo do alumno/a, Nome e Apelidos do alumno/a, último ano de estudos no IES O Couto.
  • Certificacións académica, CELGA: alumnado do IES O Couto, escolarizado en anos anteriores ao ano 2000, o prazo é de  unha ou dúas semanas. Solicítase por correo electrónico, adxuntando: copia do DNI ou documento identificativo do alumno/a, Nome e Apelidos do alumno/a, último ano de estudos no IES O Couto.
  • Certificación académica, Celga, alumnado dos centros adscritos: o prazo é de  unha ou dúas semanas. Solicítase por correo electrónico, adxuntando: copia do DNI ou documento identificativo do alumno/a, Nome e Apelidos do alumno/a, último ano de estudos no IES O Couto.

COTA DA ANPA COUTO 2024-25

Queridas familias:

Chegou o final de curso, e queríamos aproveitar para agradecervos a vosa implicación durante todo o ano. Grazas ás achegas das familias desde a ANPA podemos levar a cabo actividades como charlas formativas para os nosos fillos/as, obradoiros de música e percusión, a contribución no acto de graduación de 2º de Bacharelato e tamén, como non, actividades formativas para as familias.

Para poder seguir realizando actividades no vindeiro curso e facer posible esta labor precisamos da vosa colaboración, e este ano como novidade , todos os pagos se terán que efectuar mediante transferencia bancaria para facilitar o traballo do CENTRO e da ANPA.

Do mesmo xeito convidamos a todo aquel que queira colaborar dunha maneira máis activa na ANPA a poñerse en contacto connosco a través do noso enderezo electrónico: iesocoutoanpa@gmail.com

Desexámosvos a todos un feliz verán.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

 

LIBROS DE TEXTO 2024-25

 

 ESO

 ESO

 3ºESO

 3ºDIV

 4ºESO

 4ºDIV

 BAC

 BAC

Actualización 10/07/2024

  •  En 1º ESO non haberá ningún libro de debuxo. Consultar co profesorado ao inicio do curso.

MEGAABAU 2024- Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024.

9 alumnos e alumnas do IES O Couto foron invitados ao acto de homenaxe aos mellores expedientes de Galicia.

 

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2024

RESULTADOS ABAU ORDINARIA 2024- PARABÉNS AO ALUMNADO

A dirección do centro e o claustro de profesores do IES O Couto quere felicitar ao noso alumnado polos resultados acadados nas ABAU 2024

 

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 2024_25

Convocatoria das axudas NEAE

O día 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado será dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

AXUDASLE

RESERVA E ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

PROCEDEMENTO DE RESERVA (faise nos centros adscritos) Prazo pechado.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS EN 1º BACHARELATO

As solicitudes de praza para 1º de Bacharelato foron baremadas e poden consultarse dende hoxe 25 de abril no taboleiro interior do IES. Ábrese un prazo de reclamación de 5 días hábiles dende o 26 de abril ata o 3 de maio 2024 ámbolos dous incluídos.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

ESO e 2º Bacharelato

Todas as solicitudes de admisión foron admitidas agás en 1º de Bacharelato onde será preciso baremar.

FASE DE BAREMO 1º BACHARELATO

Do 2 ao 13 de abril

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. Así mesmo, sinálase para estas solicitudes o número aleatorio que lles corresponde para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.

ADMISIÓN

QUEN DEBE FACER A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

Alumnado de centros non adscritos ao IES O Couto que desexe continuar estudos no noso centro no vindeiro curso escolar 2024-2025 e alumnado de centros adscritos que non fixera a reserva. Prazo (do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos).

CENTROS ADSCRITOS:

  • CEIP VISTAHERMOSA, CEIP SACO E ARCE, CEIP LUIS MANUEL ACUÑA, CEIP O COUTO.
  • CPRPLURILINGÜE SANTO ÁNGEL e  COLEXIO PLURILINGÜE PADRE FEIJÓO ZORELLE, CPR SEMINARIO MENOR OURENSE

ÁREA DE INFLUENCIA:

NORMATIVA:

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

  • Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo se a demanda de prazas supera a oferta: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, é dicir, dende o 21 de marzo ao 8 de abril 2024

 

VACANTES:

 CURSO 2023-24 1º ESO 2ºESO 3ºESO 4ºESO 1ºBACH CIENCIAS 1ºBACH H. e CCSS. 2ºBACH CIENCIAS 2ºBACH H. e CCSS.
VACANTES  33  24  2  15  2  1  4  0

PRAZOS:

O 25 de abril: Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido. Poderase consultar as listaxes no taboleiro de Secretaría.

A listaxe provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional (do 26 abril ao 3 de maio).  Modelo de reclamación

O 15 de maio publicarase no taboleiro de anuncios a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación.

Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de  Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 


  COMUNICACIÓNS:

  • RESERVA DE PRAZA: Todo o alumnado que solicitou reserva en 1º ESO e 1º de Bacharelato foi admitido e obtivo praza.

 

Cuestionario para as familias do alumnado de 2º ESO. Avaliación de diagnóstico 2º ESO.

Facilitamos a ligazón ao cuestionario para as familias do alumnado de 2º ESO:

Probas da avaliación de diagnóstico para 2º ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

BECAS- PRAZO ABERTO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, abriu o prazo de presentación de solicitudes de bolsas de estudos para a convocatoria xeral 2024/25.

Arquivo pdf cos pasos que hai que seguir para rexistrarse na sede electrónica do Ministerio de Educación para poder solicitar a beca.

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024

Máis información en:  www.becaseducacion.gob.es  e no apartado Becas e axudas desta páxina web. 

Distribuir contido


by Dr. Radut