Skip to Content

Publicación da listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario do libros de texto

No día de hoxe, publícase no taboleiro da secretaría do Centro a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario do libros de texto, cos libros adxudicados por materia.

Asemade, poden a partir de hoxe achegarse ao Centro de 9h a 14h30 para recoller o cheque para a compra de material escolar ata o venres 28 de xullo de 2023 ou de non poder ser, a partir do 1 de setembro de 2023.

Publicación da adxudicación de prazas para a FP básica 2023-24

Prema aquí para acceder á listaxe. Resolución definitiva.

 

 

Publicación da adxudicación provisional do fondo de libros de texto para o curso 2023-24

De acordo cos artigos 13 (Publicación de actos) e 21(Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.) da  ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

Tal como xa se vos informou por mensaxería, lembrade que poden consultar no taboleiro da secretaría do centro o listado provisional da adxudicación do número de libros de texto que lle corresponde a aquel/a alumno/a que resultara beneficiario/a da axuda para o curso 2023-24.

Consultada a listaxe, prazo de reclamación ata o 19 de xullo de 2023.

Admisión á formación profesional de grao básico. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2023-2024

Para consultar a listaxe, sigan as instrucións do documento anexado insertando o voso código persoal, tal como vos adiantou o Orientador no seu momento.

Poden acceder directamente ao portal de FP da Xunta de Galicia e consultar toda a información e documentación publicada ao respecto.

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-basico-2023-2024

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Para acceder á listaxe, prema uns segundos na imaxe, de non descargarse vaia ao documento PDF adxunto. Tamén a pode consultar no taboleiro da secretaría do Centro. 

 

Aviso: Trasladada a incidencia á Editorial Anaya para atopar os libros de francés: J'aime. Cedéronnos uns novos códigos ISBN que actualizamos na listaxe adxunta a día 27/07/2023, e no taboleiro de secretaría. Estes novos ISBN, correspóndense co Pack de

Libro de texto + un libriño de lectura de regalo. 

Non obstante, aseguran que cos antigos códigos as librerías deberían localizar igualmente o libro que corresponda, pero virá sen o libro de lectura de agasallo. O dato a ter en conta é que se corresponda co título, autores e editorial.

Se estades asociados/as á ANPA, poñédevos en contacto coa asociación para que vos indiquen que libros van repartir para o vindeiro curso.

Remate do prazo de matrícula. Luns, 10 de xullo de 2023

Lembramos que o prazo de matrícula remata este luns 10 de xullo 2023. 

A partires desa data publicarase, nesta web e no taboleiro da secretaría do Centro, a listaxe dos libros de texto para o curso 2023-24. 

A non confundir coa publicación da resolucion provisional do fondo de libros e cheque de material que se fará con posterioridade e da que seredes avisados/as persoalmente.

Saída do alumnado de 1º e 3º ESO. Organizado pola Sección bilingüe do IES de Cotobade

 

Con motivo do final de curso académico a Sección Bilingüe de Bioloxía e Xeoloxía, organizou unha xornada de convivencia na península de O Grove para alumnado de 1º ESO e 3º ESO.

No Monte da Siradella, realizamos o roteiro dos miradores. Unha ruta circular polos distintos miradoiros que se atopan no alto do Monte Siradella para coñecer a historia das poboacións que se ven dende eles, coñecer as bateas, a fauna da contorna, as formacións xeolóxicas.

Esta ruta completouse cunha visita explicativa guiada á exposición da Aula de Interpretación da Natureza, e o visionado do  vídeo do Complexo intermareal Umia-O Grove.

Finalmente o alumnado goxou dun paseo pola Illa da Toxa en compañía do profesorado organizador, Victoria Carrera e Sergio Ramos, os profesores voluntarios, Lucía Tojo e Ricardo Maquieira, aos que agradecemos a súa colaboración, así como á nosa asistente lingüística, Thea Munji, que regresou para compartir un día máis connosco.


Actividade coa protectora de animais do Morrazo

Por primeira vez e tras a iniciativa da profesora Laura Magariños Seijo, o noso Centro participou nunha actividade coa Protectora de Animais do Morrazo. A actividade foi todo un éxito polo que agradecemos á profesora pola organización e innovación, ao profesorado voluntario e comprometido (Concepción Cabada, Javier García, José Manuel Ledo), ao alumnado participante de 2ºESO polo entusiasmo e disposición e por suposto á Protectora polo labor cotiá e por compartir os valores e a experiencia. Parabéns!!

Calendario e instrucións para o final de curso. Devolución de libros, ordenadores, chaves, libros da biblioteca.

Debido a un erro central no programa de xestión xeral, adíase a entrega de notas quedando para o martes 27 de xuño nas mesmas franxas establecidas para cada curso. 

Periodo para formalizar a matrícula : do 27 de xuño ao 10 de xullo de 2023. 

 

Para ver ou descargar as instrucións prema aquí.

Remate do prazo para a participación na solicitude de fondo de libros para o curso 2023-24

Lembramos novamente que o prazo está a piques de rematar. Para axilizar as xestións administrativas, pregamos non agardedes o último día, mércores 21 de xuño, para presentar a solictude.

Distribuir contido


by Dr. Radut