Skip to Content

Karla Vasvoncelos, secretaria de Nélida Piñón, visita o noso Centro.


Onte tivemos a sorte de recibir no noso instituto a Karla Vasvoncelos, secretaria de Nélida Piñón. A súa visita foi unha experiencia moi emotiva e especial. Contounos anécdotas entrañables sobre a escritora e compartiu o seu profundo amor por Galicia.
Ademais, deixou ao alumnado uns consellos inspiradores que sempre levaremos connosco.

Obrigados, Karla, pola túa visita, os teus agasallos e o teu agarimo!

Constitución da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar



No IES de Cotobade, sendo as 09:15 horas do día de hoxe 28 de outubro de 2024, previa comunicación ós distintos sectores da Comunidade Educativa, en base ó disposto na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, procédese á constitución dos membros que formarán parte da XUNTA ELECTORAL que organizará e supervisará o procedemento para a renovación dos membros do Consello Escolar deste Centro.

1. Aberta a sesión polo Presidente procédese, en virtude da normativa exposta e do resultado do sorteo público efectuado o 18 de outubro, á constitución dos presentes como Xunta Electoral.

 

2. O Presidente informa das competencias da citada Xunta Electoral:

a) Aprobar e publicar os censos electorais, que deberán reflectir, en todo caso, nome e apelidos dos electores.

b) Concretar o calendario electoral.

c) Ordenar o proceso electoral.

d) Admitir e proclamar candidaturas.

e) Promover a constitución das distintas mesas electorais.

f) Resolver as reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

g) Proclamar os candidatos elixidos e remitir as correspondentes actas á Dirección Territorial.

 

3. Calendario electoral.

Tras a presentación por parte do director dunha proposta

de calendario, queda aprobado por unanimidade dos

presentes coas seguintes datas:

 

a) Presentación de candidaturas do 30 de outubro ata o 11 de novembro de 2024.

b) Datas de votación:

  • 18 de novembro votación do claustro de profesorado.
  • 19 de novembro : votación de pais / nais / representantes legais.
  • 20 de novembro votación do alumnado.

 

4. Censos electorais.

Quedan aprobados os censos electorais publicados

no taboleiro de anuncios de Secretaría.

-----------------------------------------------------------------------------------

Finaliza a reunión sendo as 9:45 do día de hoxe.

Levantada a respectiva acta, exponse no taboleiro de

anuncios da  Secretaría do Centro para a súa consulta.

-----------------------------------------------------------------------------------

Resultado do sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral do Consello Escolar.

No día de hoxe, na sala de música de IES de Cotobade, ás 11:15 horas, procedeuse ao sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral do Consello Escolar.

O sorteo foi presidido polo Director do Centro en presencia da Secretaria e das seguintes testemuñas representantes:                            

  • unha representante de profesorado
  • unha representante de PAS
  • un representante de alumnado.

A respectiva acta, cos/coas representantes titulares e suplentes elixidos/as, está exposta no taboleiro de anuncios da Secretaria.

N.B: Ás persoas resultantes como titulares no sorteo notificaráselles persoalmente a designación..

Publicación da data e hora do sorteo público para a composición da xunta electoral

Día: Venres, 18 de outubro 2024.

Hora: 10:55

Lugar: Aula de música


Enviarase no marco establecido, a respectiva circular informando sobre o sorteo (data e hora arriba sinaladas) de acordo co Art. 30 do Decreto 92/1988 (conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos) (DOG 9 de agosto).

Calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2024-2025

De acordo coa RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Establécese o calendario de celebración de eleccións dos consellos escolares 2024 : datas, actuacións e normativas de referencia.

Para ver ou descargar o calendario, prema aquí ou no PDF adxunto.

Funcionamento dos servizos de comedor e transporte no día de hoxe

     MÉRCORES 9 DE OUTOBRO DE 2024

Confírmase ás familias beneficiarias :

O FUNCIONAMENTO do servizo de COMEDOR e TRANSPORTE no día de hoxe.

O club Manga Yume xa está en marcha! Curso 2024-2025

Alégranos anunciar a inauguración do Club Manga Escolar! 

 

Un espazo creado para promover e desfrutar da literatura e cultura coreana e xaponesa.

Se es apaixonado ou apaixonada polo manga, o anime ou simplemente tes curiosidade por estas fascinantes culturas, este é o teu lugar.

 

Únete a nós os mércores no recreo e mergúllate nun mundo cheo de historias, arte e tradicións únicas.

Gañadora da segunda edición para o fomento da lectura Galicia 2024

Énchenos de orgullo compartir que a nosa alumna de 4º ESO, Naiala Álvarez Marco, gañou o pasado mes de xuño o Concurso “O meu Libro Preferido” cunha historia que aborda temas tan importantes como o benestar e a saúde emocional.

O seu relato foi escollido como o mellor de toda Galicia, destacándose entre outros moitos pola súa profundidade e sensibilidade.

Este logro é unha mostra do seu esforzo, paixón pola escritura e capacidade para tratar temas que nos convidan a reflexionar. 

Segue brillando e compartindo o teu talento co mundo, Naiala! 

@fundacionjmlara #milibrofavorito

Reunión de pais/nais de inicio de curso- 1º e 2º de ESO


Recordatorio: martes 24 de setembro ás 19:00 horas celebrarase no centro a reunión informativa de comezo de curso exclusivamente para os grupos de 1º e 2º de ESO co profesorado titor, dirección e orientación.

Entrega dos portátiles EducaDixital ao alumnado solicitante e beneficiario


Martes, 24 de setembro faráselle
entrega ao alumnado beneficiario do equipo solicitado dentro do programa Educa En Dixital da Xunta de Galicia. 

O préstamo farase ata final do presente curso escolar 2024-2025.
Prégase lea e asine o acordo de cesión que se achega co equipo e o devolva ao Centro coa maior brevidade posible.

Conserve a embalaxe da entrega (caixa numerada) para ser devolto na mesma ao rematar o curso.

 

Recoméndase traer unha bolsa / mochila adicional para poder ser levado ao domicilio de modo cómodo e seguro.

Distribuir contido


by Dr. Radut