Enfermidades crónicas
Existen dous tipos de actuacións para atender a alumnos con enfermidades crónicas, según a natureza da enfermidade :
*Plan de Alerta Escolar
*Plan de Atención Individualizado
PLAN DE ALERTA ESCOLAR
Definición:
Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:
- Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
- Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
- Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).
Obxectivo:
Alerta Escolar pretende a coordinación entre o profesorado (facendo que sexa capaz de recoñecer a emerxencia médica provocada por un cadro agudo das patoloxías descritas, e de prestar unha primeira atención mentres chegan os recursos adecuados), e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Máis información na páxina web do 061
PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO
Todo o alumnado con enfermidade crónica que precise apoio educativo no centro, contará cun plan de atención individualizado integrado por:
- Ficha con fotografía, protocolo de emerxencia (sinais de alarma e actuación) e teléfonos de referencia, visible a disposición de toda a comunidade educativa (profesorado e persoal de administración e servizos)
- Autorizacións da familia (modelo como Anexo).
- A familia debe aportar informe médico e pautas correspondentes. Os datos que poidan ser necesarios nunha actuación de urxencia trasladaranse á ficha do alumnado referida.