Valoración REDOX

EXEMPLO - SETEMBRO 2018

Déixovos enunciado e criterio de corrección CIUG:

PROCEDEMENTO (Ampliado un pouco a partir de CIUG)

Fixádevos en que o procedemento é moi semellante á valoración Ácido-Base que fixemos no laboratorio.

Medimos coa axuda dunha probeta 20 mL da disolución de sulfato de ferro (II) que introducimos nun matraz Erlenmeyer.

Por outra banda, preparamos a montaxe, cunha bureta colocada nun soporte coa axuda dunha pinzas. Na bureta introducimos coa axuda dun funil a disolución de permanganato potásico. Enrasamos e cebamos a bureta. (Cebar a bureta consiste en comprobar que non nos quedan burbullas de aire que provocarían erro no volume medido).

Pouquiño a pouco imos engadindo a disolución de permanganato sobre o Erlenmeyer, mentres axitamos o matraz. O permanganato, disolución de cor rosa escura, reacciona co ferro presente no matraz. No momento en que se consome todo o ferro do matraz o exceso de permanganato tingue de rosa a mestura, até o momento incolora, co que saberemos que estamos no punto de equivalencia. Pechamos a chave da bureta e anotamos o volume de permanganato, que debe de ser próximo ao calculado de 18 mL.

Podemos repetir o experimento un par de veces máis e calcular a media dos volumes obtidos.

VÍDEO EXPLICATIVO

Última modificación: Luns, 31 de Maio de 2021, 00:53