Pila - Redox

DESEÑO DUNHA PILA

EXEMPLO - SETEMBRO 2020

a) Explica como construirías no laboratorio unha pila empregando un eléctrodo de cinc e un eléctrodo de níquel, indicando o material e os reactivos necesarios.

Material:

Vasos de precipitados de 100 cm³ (2)

Tubo en U

Cables con pinzas

Voltímetro

Reactivos:

Láminas de níquel e cinc puídas

Disolucións de sulfato de cinc de concentración 1mol/dm³ e sulfato de níquel (II) de concentración 1mol/dm³.

Disolución de nitrato de potasio (valería cloruro de potasio ou calquera outra disolución dun electrólito inerte) para a ponte salina.

PROCEDEMENTO

Nos vasos de precipitados poñemos 100 mL das disolucións. Nun vaso, que vai ser o ánodo, da de sulfato de cinc. No outro, que vai ser o cátodo, da de sulfato de níquel.

Introducimos as láminas de metal nos vasos de precipitados e conectámolas co voltímetro mediante os cables con pinzas.

Por outra banda, preparamos a ponte salina enchendo un tubo en U coa disolución de  cloruro de potasio e colocando uns anaquiños de algodón despois nos extremos do tubo. Axudándonos dun soporte facemos a montaxe, introducindo cada unha das ramas do tubo en U nun dos vasos de precipitados.

ATENCIÓN, SEGUNDO O CRITERIO DA CIUG: Para a explicación da construción da pila valería un esquema ou unha explicación detallada do procedemento.

VÍDEO EXPLICATIVO

Última modificación: Domingo, 30 de Maio de 2021, 23:27