Separación de precipitado

EXEMPLO: XUÑO 2020

Déixovos o enunciado e o criterio de corrección da CIUG:

PROCEDEMENTO (ampliado un pouco a partir do que pon CIUG)

Ao xuntar as disolucións de cloruro de bario e sulfato de cinc aparece un precipitado branco, o sulfato de bario, que separaremos por filtración ao baleiro.

Preparamos a montaxe, colocando o funil Büchner sobre o matraz Kitasato, coa axuda dun cono de goma que nos dará estanqueidade, e co matraz conectado á trompa de baleiro mediante uns tubos de goma. Colocamos o papel de filtro no funil, humedecéndoo lixeiramente cun frasco lavador para que o papel quede ben colocado sobre o embude.

Pomos en marcha a bomba e comezamos a botar a mestura no Büchner, recollendo o precipitado no papel de filtro. Da que a botamos, é conveniente lavar cun pouquiño de auga o vaso que contiña a mestura e tamén filtrar estas augas de lavado para recoller ben todo o precipitado.

Feito isto, procédese a secala e posteriormente a pesar o resultado obtido.

DEBUXO-MONTAXE

VÍDEO EXPLICATIVO FILTRACIÓN AO BALEIRO

Última modificación: Luns, 31 de Maio de 2021, 00:29