Valoración Ácido-Base

VALORACIÓN ÁCIDO-BASE

EXEMPLO - SETEMBRO 2020

2,0 cm³ dun ácido nítrico do 58 % de riqueza en masa e densidade 1,36 g/cm³ dilúense en auga ata completar 250 cm³ de disolución.

a)Calcula o volume de disolución de hidróxido de sodio de concentración 0,10 mol/dm³ necesario para neutralizar 10 cm³ da disolución preparada de ácido nítrico, escribindo a reacción que ten lugar.

b)Describe o procedemento experimental e nomea o material necesario para realizar a valoración

a) Calcúlase primeiro a concentración da disolución diluída de ácido nítrico.

A masa dos 2,0 cm³ da disolución de ácido nítrico do 58 % de riqueza en masa e densidade 1,36 g/cm³ é:

m = 2,0 cm³ · 1,36 g/cm³ = 2,7 g

A masa de ácido nítrico contido nela é:

m = 58 % · 2,7 g = 1,6 g HNO₃

A concentración dos 250 cm³ da disolución diluída é:

[HNO3]=1,6g HNO3/250 cm3 x 1mol HNO3/63g HNO3 x 1 cm3/103 dm3 = 0,10 mol HNO3/dm3

A reacción de neutralización é:

HNO₃(aq) + NaOH)aq) → NaNO₃(aq) + H₂O(l)

O volume de disolución de hidróxido de sodio de concentración 0,10 mol/dm³ necesario para neutralizar 10cm³ da disolución preparada de ácido nítrico é:

V = 10,0 cm3 HNO3 x 0,10 mol HNO3 /1000cm3 HNO3 x 1 mol NaOH/1 mol HNO3 x1000cm3 NaOH/0,10 mol NaOH = 10 cm3 NaOH

b) Procedemento de valoración:

Cunha pipeta mídense 10 cm³ de disolución de HNO₃ e vértense nun matraz erlenmeyer de 100 cm³. Engádense dúas pingas de fenolftaleína e a disolución permanecerá incolora, xa que este indicador é incoloro en medio ácido.

Énchese unha bureta de 25 cm³ con disolución de NaOH 0,10 mol/dm³ enrasándoa correctamente. Ábrese a chave da bureta e déixanse caer 9 cm³ sobre o erlenmeyer axitando o matraz que contén o ácido mentres tanto. Péchase. Abrimos de novo a chave e agora déixase caer o HNO₃ máis amodo, incluso pinga a pinga no final da valoración, mentres se fai rotar o erlenmeyer, ata que a fenolftaleína cambie de cor. Anótase este valor.

Para unha maior precisión e fiabilidade dos datos, pódese repetir outras dúas veces a valoración e tómase como volume correcto o valor medio das medidas.

Material:

Bureta (1) de 25 cm³ (graduada en 0,1 cm³)

Pipeta (1) de 10 cm³ con aspirador

Matraz erlenmeyer (1) de 100 cm³

Disolución de fenolftaleína

Para as/os que non viñestes facer a práctica, déixovos este vídeo dunha valoración ácido-base (neste caso, HCl - NaOH) moi ben feita e explicada.

Última modificación: Domingo, 30 de Maio de 2021, 23:10