Repaso de conceptos. Moles, concentracións, estequiometría

En Química, na segunda avaliación imos traballar os equilibrios, as reaccións ácido-base e a solubilidade. Para levarmos todo isto con folgura e sen agobios, é bo refrescar algúns conceptos básicos que xa estudastes en 1º de bac e en 4º da ESO, como o de mol, as concentracións, a reactividade química, etc.

Quédavos aquí ESTE BOLETÍN DE REPASO con contidos relacionados con todo isto. Non é obrigatorio pero si altamente recomendábel facelo. Se tedes calquera dúbida, con algún exercicio ou co que sexa, comentádeme por aquí en privado ou no mail, quimicaefisicagz@gmail.com

Apertas e feliz 2021!

Última modificación: Mércores, 30 de Decembro de 2020, 12:11