Enforma |
O día 18 de xaneiro celebramos unha nova edición da Final Comarcal de Campo a Través no incomparable marco do Puzo do Lago. A organización correu a cargo da Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte. Grazas á colaboración tanto dos organizadores como dos particiantes!. As clasificacións das diferentes categorías pódelas consultar aquí: Infantil feminino, Infantil masculino, Cadete feminino, Cadete masculino. Tamén podedes ver as imaxes do evento neste enlace. |
|||
Equipo "Descansa" gañador da liga 3º, 4º da ESO e 1º bacharelato
Equipo "Gorrillas" gañador da liga 1º, 2º da ESO
Durante os meses de novembro e decembro celebramos, no pavillón do IES Chamoso Lamas, a liga interna de Futbol Sala. Tratouse dunha competición moi reñida donde todos os equipos estiveron a un gran nivel. PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES! |
|||
O xoves, 30 de novembro, os nosos alumnos/as participaron na XVIIIª edición da final zonal de Campo a Través no Puzo do Lago en Maside. É de agradecer o bo comportamento e colaboración da totalidade de participantes do IES Chamoso lamas que favoreceron que a xornada deportiva fose enriquecedora e inolvidable para todos/as. Consulta aquí as clasificacións das diferentes categorías: Cadete feminino, Cadete masculino, Infantil feminino, Infantil masculino. Podedes ver a galería de fotos dos nosos participantes nos seguintes enlaces: Fotos organización, Fotos Chamoso.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »