Enforma

ENQUISA DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

CARREIRA DE ORIENTACIÓN NO PARQUE DO CARBALLIÑO

 

O pasado 8 de maio acompañounos o tempo para que os alumnos de 1º da ESO participasen da actividade lúdica "Carreira de Orientación" do Programa Xogade.

Tratouse dunha xornada práctica seguindo as indicacións que previamente se deron nunha charla teórica desenvolvida no centro.

O especialista Xosé Antonio e a profesora de Educación Física Montserrat queren agradecer os alumnos a súa participación compartindo as fotos deste día no seguinte enlace: Carreira de Orientación no parque do Carballiño.

DÍA DA ÁRBORE NA ÍNSUA DOS POETAS

O pasado 24 de abril para festexarmos o Día da árbore, desprazámonos á Ínsua dos Poetas na Pena da Sela no concello do Irixo. 

Nós, os do Chamoso, realizamos unha actividade relacianada co carballo e participamos dunha coreografía que fixemos de forma conxunta todos os alumnos dos diferentes centros.

Esta coreografía foi elaborada polos alumnos do CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, que moi amablemente nos amosarón nun vídeo para que poideramos ensaiar. Velaí vai unha pequena mostra dos ensaios na clase de Educación Física e o resultado final nesta xornada tan divertida!!!

 

Distribuir contido