Con moitas ganas e ilusión comezamos un novo curso, no que un dos obxectivos será facer máis e mellor actividade física no noso centro. Para elo continuaremos co proxecto deportivo de centro, participando nas competicións escolares con outros centros, en concreto temos pensado participar en campo a través, bádminton e, este ano coma novidade, participaremos en orientación deportiva, para o cal faremos varias prácticas previas aproveitando o noso fermoso parque municipal. Tamén imos facer ligas nos recreos: de fútbol, bádminton, brilé e o que queirades. Calquera aportación ao noso proxecto que teña que ver coa saúde e a actividade física será benvida, ide pensando! A moverse!!
|
|||