Skip to Content

COMO ESTUDAR

 

ONDE DEBES ESTUDAR?

  • Deberás ter a suficiente luz e unha mesa amplia y despexada.

  • Estudiar sentados.

  • Debemos evitar distraccións (música, televisión, etc.)

  • Ter cerca todo o que necesitamos para estudar (diccionarios, etc.)

CANDO DEBES ESTUDAR?

 

  • Estudar sempre á mesma hora. Hai que estudar todos os días. Non hai que darse unha chea. Empieza cunha materia de dificultade intermedia, logo unha difícil e remata cunha fácil.

  • Introducir periodos curtos de descanso. Por exemplo, estudiamos uns 40 minutos e descansamos 8 minutos. Logo volvemos a estudar 40 minutos e descansamos 8 minutos. e así ata que rematemos.

  • Organiza o teu tempo. Debes estudar, facer deporte, divertirte, descansar,...

 COMO DEBES ESTUDAR UNHA LECCIÓN?

a.- Lectura

Lectura rápida: observamos a estructura do tema: títulos, gráficos, palabras destacadas e leemos con rapidez.
Lectura comprensiva: non leas todo dun tirón; reflexiona de cando en cando sobre o lido. Non deixes ningunha palabra sen entender: consulta o diccionario. Busca as ideas principais e anótalas.

b.- Subliña palabras e frases curtas, pero só as ideas principais.

c.- Esquema e resumo:

  • As partes dun esquema son: título, ideas fundamentais, ideas secundarias.

  • Segue as seguintes normas para o resumo: a) non copies o texto, usa as túas propias palabras; b) sé breve, recolle só o fundamental; c) utiliza un o varios párrafos.

d.- Repasa e memoriza: non aprendas xamais nada que non entendas. Utiliza varios sentidos para estudar: lee, estuda, dibuxa, escribe, ... Antes de pasar a algo novo repasa o anterior. Repasa mentalmente o estudiado antes de dormirte.

CONSELLOS PARA PREPARAR EXAMES

Durante o exame

Despois do exame

  1. Sé puntual e escolle un bo sitio.

  2. Lee todas as preguntas e presta atención a as palabras claves.

  3. Distribue ben o tempo.

  4. Comenza coas preguntas das que máis estás seguro.

  5. Prepara o guión o o esquema de cada pregunta.

  6. Se te bloqueas, detente e reláxate.

  7. Cuida a presentación.

  8. Utiliza todo o tempo: repasa e corrixe.

  1. Analiza o exame correxido e observa:

  • O que máis aprecia e califica o profesor.

  • Os defectos na presentación.

  • Os erros cometidos e as súas causas.

  1. Repasa os temas do examen en libros e apuntamentos.

  2. Pensa como contestarías agora as preguntas se poideras repetir o exame.

 

 

 

                    

 



page | by Dr. Radut