Concurso Fotográfico IES Plr. Castro da Uz 2022
Desde o 21 de novembro ao 9 de decembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2023 que publicará o instituto e ademais serán premiadas.
Anímate, podes presentar dúas fotografias!!
A temática das fotografías será: "VIVIR EN TOLERANCIA". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade, a fiel representación dos oficios tradicionais e a calidade artística da fotografía.
O concurso está aberto a alumnado, profesorado e persoal non docente.
Podedes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón
Novas
Actividades audio-visuais