Lingua galega e literatura
Programación do Departamento de Lingua Galega e Literatura
Enviado por admin o 1. Febreiro 2018 - 11:01Programación do Departamento de Lingua Galega e Literatura
Programación do Departamento de Lingua Galega e Literatura para o Curso 2017/2018 no ficheiro adxunto.
Blog de 4ºD
Enviado por admin o 11. Outubro 2014 - 14:24Aquí tedes o enlace ao Blog de 4ºD. Tamén podedes ir a él se ticades na parte dereita da páxina en "Recursos do Centro".
V Romaría das Letras Galegas
Enviado por Anónimo o 19. Maio 2012 - 21:52O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.
Este é o programa de actividades:
12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).
13:00 Festival literario.
14:00 Xantar popular.
15:00 Xogos tradicionais.
Marcos Calveiro visita o Baronceli
Enviado por Anónimo o 17. Maio 2012 - 3:56Este venres visita o Baronceli o escritor especializado en literatura xuvenil Marcos Calveiro. Unha oportunidade única para falar co autor de O escritor do sombreiro de malvas, novela que moitos alumnos xa tiveron a ocasión de ler.
Concurso de carteis
Enviado por admin o 14. Marzo 2009 - 11:26O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convoca concurso do cartel da II Romaría Popular das Letras Galegas.
Bases:
- Poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro.
- O formato e materiais deberán permitir a súa impresión. Levarán a lenda "II Romaría Popular das Letras Galegas".
- Os exemplares entregaranse en secretaría baixo lema ou pseudónimo antes do 25 de abril. Achegarase, asemade, un sobre cerrado á parte co pseudónimo por fóra e o nome e curso do autor no seu interior.
- O gañador/a, de consideralo así o xurado, recibirá un agasallo. Haberá un único premio e o cartel será editado e distribuído para dar a coñecer a Romaría.
- Os participantes aceptan estas bases.
Cartel do ano pasado