Orientación

PROBAS DE ACCESO PARA OS CICLOS MEDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

11/02/2009 11:59
Etc/GMT+1


Xa está próximo o prazo de inscrición para as PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL, probas que poden facer aqueles que crean que non van acadar o título de Graduado. Estes alumnos poden inscribirse nas probas de acceso ao ciclo medio sempre que teñan 17 anos cumpridos. Evidentemente, non fai falla proba de acceso ningunha para aqueles que obteñan o título de Graduado en ESO. Aqueles que non estean seguros de se van obter ou non o título de Graduado, poden facer as probas igualmente, mesmo se despois obteñen o título normalmente.

Oferta formativa de Formación Profesional

Nos seguintes enlaces tedes a información precisa sobre a oferta completa da Formación Profesional: os ciclos, os lugares nos que se poden cursar...

Oferta clasificada por familia formativa e ciclo

Oferta clasificada por provincia e concello

Distribuir contido