Skip to Content

Xeografía e Historia

XV OLÍMPIADA DE XEOGRAFÍA DE GALICIA

O pasado 5 de Marzo, CRISTINA ABAL, IRENE BREA, IVÁN LUCIO e MANUEL PITA (alumnado de 2º de Bacharelato), acompañados do profesor IÑAKI LUGILDE, asistiron na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela á celebración da XV edición da Olímpiada de Xeografía de Galicia.

Logo dunha mañá moi fructífera, onde compartiron experiencias con outro alumnado de 2º Bacharelato de Galicia, acadaron uns excelentes resultados que nos fan sentirnos orgullosos do noso alumnado.

Moitos parabéns rapaces/as.

 

DEPARTAMENTO XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO 2023/2024

29/02/2024 16:53
Europe/Madrid

O Departamento de Xeografía e Historia está formado no presente curso 2023/24 polo seguinte profesorado:

IGNACIO ROMERO (Xefe de Departamento)

ENRIQUE PORTELA (Titor 2º Bacharelato C)

MARÍA CALO (Titora 1º ESO C)

IGNACIO LUGILDE (Titor de 4º ESO A)

CARMEN VÁZQUEZ (Titora de 2º ESO C)

IV Olimpiada Galega de Historia

 

O IES Castro Alobre proclamouse gañador da IV Olimpiada Galega de Historia organizada pola Universidade de Vigo. O equipo Empecinad@s do Alobre formado por Víctor Caamaño (4º E), Ángel Rey (4º F), David Sánchez (4º F) e María Valcarcel (4º H) competiu con 29 equipos de centros educativos de toda Galicia ata chegar á final e acadar o 1º posto. O premio consistiu nunha tableta dixital para cada un dos estudantes participantes. 

 

Denda a comunidade educativa do Castro Alobre queremos manifestarlles os nosos parabéns ao catro alumnos e especialmente á profesora Marta Rivadulla, e tamén ao resto de profesores do Departarmento de Xeografía e Historia, polo traballo realizado. 

 

Reseñas na prensa deste evento e unha entrevista coa profesora Marta Rivadulla.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
 
 

DIARIO DUNHA PROFE CONFINADA

"DIARIO DUNHA PROFE CONFINADA"

A nosa compañeira Marta Ribadulla, profe do departamento de Xeografía e Historia, quere compartir con todos os membros da comunidade educativa do IES Castro Alobre, este cómic que realizou con Pixton EDU. Nel, dános a súa visión deste confinamento que estamos a vivir. Esperamos que vos goste tanto coma a nós. Premede no enlace, CÓMIC, e veredes que marabilla!  Grazas, Marta!     

 

CÓMIC

 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut