Skip to Content

Orientación

Información do Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación do IES Castro Alobre é un servizo destinado a prestar atención a toda a comunidade educativa no relaconado coa atención á diversidade, a orientación académica e profesional e a acción titorial.

Forman parte do Departamento as mestras especialistas de Pedagoxía Terapéutica: Carmen Sánchez e María Gómez, un titor de ámbio lingüístico e social:, unha titora de ámbito científico e tecnolóxico: 

Exerce a Xefatura do Departamento a orientadora: Cristina Rubio de Blas

Contacto coa Orientadora:

- 886151818 /886151825

 

Admisión formación profesional GM e GS


 


ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL GM E GS de Cristina Rubio de Blas

 

Que facemos despois de 4º eso?

AQUÍ PODES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE:

  • Posibles saídas académicas despois de obter o Título da ESO
  • Modalidades de Bacharelato IES Castro Alobre
  • Ciclos formaticos de grao medio en Vilagarcía

 

 


 

Probas de acceso a Grao Medio

Atención ao alumnado con TEA e TDAH

Co obxecto de facilitarlle ao profesorado as pautas para a atención educativa ao alumnado que presenta TEA ou TDAH póñense á súa disposición as instruccións acordadas no centro e que constitúen unha adpatación á nosa realidade dos Protocolos oficiais

 

Información para o alumnado de 1º sobre as materias de 2º de ESO

Estamos a piques de rematar o curso, e vas pasar para 2º de ESO, as materias troncais que cursarás serán as mesmas que en 1º, agás Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica e Visual, no seu lugar cursarás Física e Química e Música.

Tamén cambian as materias de libre configuración (optativas) que non serán as mesmas que en 1º, para saber un pouco do que podes aprender en cada unha delas preme na imaxe e presta moita atención

INFORMACIÓN ALUMNADO DE 6º OFERTA EDUCATIVA E ELECCIÓN DE OPTATIVAS

Para o alumnado que remata 6º  ábrese un abanico de opcións e, por primeira vez ao longo da súa escolaridade, precisa tomar decisións, elixir sobre diferentes posibilidades para, deste xeito, ir construíndo o seu titinerario académico persoal.

 

O Departamento de Orientación, co obxecto de ofrecer axuda na elección e na toma de decisións relativas á oferta educativa do centro, quere facer chegar a familias e alumnado de nova incoporación, unha breve guía na que atoparán información sobre as diferentes alternativas formativas en 1º curso no IES Castro Alobre.

 

Para obter a información preme na imaxe ou visita a ligazón no blogue do Departamento de Orientación

Tamén podes descargar a información sobre as materias de libre configuración no arquivo adxunto

 

Adaptación da Programación do Departamento de Orientación á situación de ensino a distancia

Adaptación da planifiación e actuacións do Departamento de Orientación á situación de ensino a distancia derivada da das consecuencias da COVID-19.

Visualizar en arquivo adxunto

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º SOBRE A ELECCIÓN DE ITINERARIOS EN 4º

Unha vez que remates 3º, precisarás coñecer as diferentes opcións de itinerarios e materias que pode cursar en 4º de ESO. Quizás sexa unha decisión un pouco máis complexa que as que tomaches ata agora, xa que ademáis de materias optativas, terás que elixir un ITINERARIO, que é o conxunto de materias que che facilitarán a toma de decisións posteriores sobre a túa continuación de etudos unha vez que obteñas o Título de ESO.

Imos ver que opcións tes... presta atención

Preme AQUÍ para visualizar o documento ou descárgo no arquivo adxunto

GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO

 

Estás a piques de rematar 3º de ESO e non sabes que decisión tomar sobre as materias de 4º? Cres que ao mellor non rematas con éxito e non sabes as opcións que tes paa continuar os teus estudos? 

Desde o Departamento de Orientación queremos axudarche ofrecéndoche a información necesaria para que tomes as decisións que máis se axusten aos teus intereses, características e necesidades e para que, pouco a pouco, vaias construíndo o teu itinerario académico e profesional.


Bótalle unha ollada á 
Guía que che presentamos

Tamén podes descargala no arquixo que se xunta

 

 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut