Skip to Content

Proxectos tecnolóxicos

Proxectos TIC II

Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados polo alumnado de TIC II.

 

 

Proxectos Arduino

Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos feitos

polo alumnado de TIC II.

 

 

   

 

 

 

Gañadores do concurso "Sensores para todos"

Con este vídeo o alumnado de 2º ESO agradeceu a Igaciencia o premio recibido no concurso Sensores para todos. PARABÉNS para todos eles.

 

O alumnado de Tecnoloxía mide a contaminación do aire

O alumnado de Programación 2º ESO, TIC I e Afondamento Tencoloxía Industrial I realizou diversas medidas da contaminación do aire no noso IES. Titorizados pola profesora Susana Oubiña, empregaron un sensor para medir a conentración de partículas no aire.

Se queres ver as noticias publicadas na prensa, fai clic nas imaxes.

.

La clase de informática en la que se programó el sensor para medir las micropartículas. // Iñaki Abella

 

 

 

 

 

 

 

 

III Competición de robots

E por fin chegou o día, mais de 120 equipos de toda galicia participaron na competición.

A través da montaxe do robot, os alumnos/as adquiriron coñecementos de inxeniería, ciencias, tecnoloxía e matemáticas, pero tamén de lingüística e ademais potenciaron a súa creatividade. O noso alumnado fixo un moi bo papel na competición e trouxo un premio para o centro:

O deseño premiado foi o de Oso Panda, do equipo The bugs de 2º ESO. Como agasallo, os membros do equipo recibirán unha cámara deportiva. PARABÉNS.

Se queres ver a noticia na prensa, fai clic na imaxe.

III Competición de robots EEI

Últimos preparativos para a Competición de robots,   comeza a CONTA ATRÁS.

 

 Por fin este venres chega a competición na Escola de Enxeñería Industrial en Vigo, na súa III edición. O noso centro estará representado por 6 equipos: tres de 1º Bacharelato e 3 de 2º ESO. O venres o noso alumnado, titorizado pola profesora Susana Oubiña, verán se programaron os retos da forma axeitada. Aquí tedes unha pequena mostra do seu traballo.

Na competición hai, ademais, un premio ao robot mais orixinal, imaxinación non lles falta.

 

 

 

 

 

 

 

Máquina medidora da radiación UV

 

Proxecto para o Concurso "Sensores para Todos" de Igaciencia.

Este proxecto está feito por un grupo de 5 alumnos/as de 2ºESO PMAR, coordinados pola súa titora, Susana Oubiña. Este vídeo narra como fixeron e programaron unha máquina que  aporta a medida da radiación ultravioleta do sol.

http://www.gifmania.com/Gif-Animados-Fantasia/Imagenes-Magia/Suerte/Trebol-Buena-Suerte-87922.gif

 

O motor máis sinxelo do mundo: Motor Homopolar

Con elementos tan sinxelos coma unha pila, un imán e un cable de cobre os alumnos/as de Tecnoloxía de 3º ESO axudados polo seu profesor Anxo, construiron motores homopolares que producen un movemento circular. Puideron comprobar así de forma lúdica as teorías de Faraday.

 

Sensación térmica

Aquí podedes ver outro dos vídeos que o alumnado de 2º ESO presenta a Igaciencia, titorado pola profesora Susana Oubiña. Nel podedes ver a simulación dun termostato e do fenómeno que chamamos "Sensación térmica".

Sensación Térmica from Susana Oubiña Falcón on Vimeo.

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut