Esquema de temas
Xeral
Esta presentación dixital elaborada polos profesores Fc. Armas Quintá e Carlos Maciá Arce (+) ofrece un reposititorio de recursos dixitais e bibliográficos para aprender Xeografía.
Recomendacións de recursos TIC para a preparación da materia e das probas ABAU da CIUG
1ª. recomendación: utilizar como recurso para a vosa aprendizaxe o seguinte libro de texto:
Xeografía, Saber Facer, ed. Santillana, en Galego, 2016, ISBN: 978-84-9972-702-8
2ª recomendación: consulta do sitio virtual do G.T. que deseña as probas de Xeografía da ABAU no que se ofrecen:
- Estrutura da proba coas directrices xerais precisas.- Cadro resumo cos contidos das probas da ABAU: recomendase imprimilo e telo dentro do libro de texto.
- Ligazóns a sitios virtuais con contidos temáticos específicos que ofrecen excelentes resumos, esquemas, gráficos e instrumentos de representación xeográfica.
- Modelo de exame ata a convocatoria de 2022.
Moitos ánimos coa lembranza exemplar de Domingo Fontán, empresario político e xeógrafo galego que elaborou a Carta Xeomética que foi luz e facho para D. Ramón de Trasalba na arela de coñecer mellor a nosa terra e as xentes que a habitan.
Repositorio de probas de Xeografía de España na ABAU dende 2018 ata 2023. Podes descargalas e comprobar si sabes realizar as correspondentes a cada tema xa traballado nas sesións presenciais na aula.
Tema 1: a formación do relevo peninsular e a súa diversidade xeomorfolóxica
Describe a paisaxe desta imaxe: características do relevo e dominio lítico ao que corresponde, orixe e evolución xeomorfolóxica da unidade na que a sitúes.
Descarga o mapa que xuntamos e enumera correctamente as unidades de relevo (cordais e depresións) e os vales dos ríos que corresponden a cada un dos números indicados
Descarga este documento no teu equipo e comenta os bloques diagrama aplicando o modelo explicado nas sesións presenciais.
Identificade as formas de modelado e os dominios litolóxicos correspontes do relevo que aparece en cada unha destas imaxes
Saída didáctica no 1º trimestre: xeomorfoloxía no Barbanza
Realizarase, finalmente o 14 de marzo de 2024
2. Climas e vexetacións da Península Ibérica e das Canarias (primeira quincena de novembro de 2023)
Propomos prácticas e outros recursos didácticos sobre os elementos e factores dos climas e os dominios climáticos da Península e das illas Canarias.
Síntese introdutoria sobre os factores xeográficos e termodinámicos que determinan a climatoloxía da Peninsula Ibérica.
Debedes coñecelas e manexar con precisión os conceptos centros de acción, masas de aire, frontes, etc para analizar mapas de situación en superficie ou de altura.
Presentación dixital sobre os factores e os elementos que determinan a climatoloxía peninsular e das Illas Canarias.
Estas presentacións dixitais serviranche para repasar o aprendido e consolidar os teus coñecementos sobre a climatoloxía da P. Ibérica e das Illas Canarias.
Esta presentación dixital explica os factores e elementos que determinan a diversidade climática da P. Ibérica e as características de cada clima.
Analiza e comenta os seguintes mapas de superficie aplicando o seguinte procedemento:
1ª. Identificación e localización[1] dos centros de acción (dinámicos e térmicos):
- Anticiclóns: A ou H (high en inglés).
- Depresións: B ou L (low en inglés).
- Frontes asociados: frías, cálidas, ocluídas e estacionarias.
2ª. Predicción do tempo atmosférico sobre a Península Ibérica explicando as situacións básicas (B ou A) e de fluxo (influencia das frontes: compoñente das masas de aire, velocidade do vento deducida das isóbaras ou da existencia de pantanos isobáricos).
[1] A localización debe facerse con referentes de xeografía física (non política), por exemplo: ao N / S da península...
Elabora os climogramas correspondentes aos datos que ofrecemos e comenta cada un deles seguindo o seguinte modelo:
1ª. Evolución das temperaturas: medias máxima e mínima, amplitude térmica, existencia de estacións e características destas.
2ª. Precipitacións: réxime anual (distribución por meses e estacións), total e forma.
3º. Aridez: nº de meses con aridez.
4º. Caracterización do clima e subtipo ao que corresponde, da área xeográfica afectada e dos elementos e factores (xeográficos e termodinámicos) que determinan as súas características
Novidade
Completa o significado dos conceptos específicos de vexetación requiridos na listaxe da ABAU que ofrece o libro de texto co documento que xuntamos.
Recomendase utilizala conxuntamente cos contidos do libro para elaborar unha síntese propia que sirva como instrumento de aprendizaxe.
Esta síntese das características básicas das cliseries da Península Ibérica e das I. Canarias serviravos de guión para preparar esta parte do tema e para realizar as prácticas aplicando os modelos recomendados.
Máis completa que a ofrecida no libro de texto.
Describe e comenta as características do relevo (formas de modelado, materiais, orixe e evolución oroxénica), do clima e da vexetación destas paisaxes naturais.
4. Sen auga non hai vida: hidrografía e bioxeografía (2ª quincena de novembro de 2023)
Propomos materiais e recursos para estudar a importancia das augas para a vida humana partindo da análise da rede hidrográfica peninsular e dos múltiples aproveitamentos dela nas sociedades recentes.
2ª proposta para traballo de pescuda durante o Nadal de 2023 e na Semana Santa de 2024: a memoria familiar das migracións durante o século pasado
Ampliase o prazo de entrega ata o 8 de abril de 2024.
A pescuda que se propón consiste en recuperar a memoria oral e documental das migracións practicadas nunha familia durante o século pasado.
Utilizarás, nesa orde, os cuestionarios 1, 2 e 3 que se xuntan nesta proposta e presentarás un informe escrito final describindo o proceso de investigación e os resultados acadados.
Utiliza esta ficha para rexistrar os datos que lembre a persoa informante sobre os seus devanceiros (pais, tíos, avós, bisavós... ou irmáns destes) que emigraran a América durante o século pasado.
Utiliza esta ficha como guía da entrevista na que recollas as lembranzas orais e a documentación que conserve a persoa informante sobre a súa propia experiencia migratoria ou a de familiares dela: pais e tíos, avós, bisavós, etc
Descarga e utiliza este cuestionario-guía de temas para elaborar a historia dunha familia partindo da memoria oral e documental que conserve a persoa informante.
5. A paisaxe como resultado da interacción entre a Natureza e as sociedades humanas (2ª quincena de decembro de 2023)
Analizaremos neste tema as tipoloxías das paisaxes, as súas características específicas como resultado da interacción entre a Natureza, que condicionou a evolución das sociedades humanas históricas, e as sociedades actuais que determinan cambios, irreversibles moitas veces, nesas paisaxes naturais. É por iso que estudaremos, na parte final da unidade, as consecuencias ambientais da acción antrópica no mundo actual.
6. A poboación española (1ª quincena de febreiro de 2024)
Analizaremos neste tema as dinámicas demográficas actuais e os desequilibrios territoriais. Centrando a nosa atención no movemento natural da poboación e nas migracións das últimas décadas.
A análise de taxas demográficas de España e Galicia, o momentario de pirámides de poboación e de gráficas de transición demográfíca son as capacidades básicas que acadaremos realizando os prácticos desta unidade.
7. Espazos rurais e sector primario (1ª quincena de marzo de 2024)
Ofrecemos recursos para facilitar a aprendixaze dos contidos relativos aos espazos rurais e ao sector primario da economía
- Este tema
8: Industria e enerxía en España (2ª quincena de marzo e 1ª semana de abril: 3ª avaliación)
As sínteses dos contidos desenvolvidos neste tema e propostas prácticas, resoltas ou non relativas aos mesmos complementarán aos contidos do libro de texto que será a referencia básica para preparar este 1º tema da 3º avaliación.