General
Pendente de aprobación pola Inspección.
ANEXO 1 á Programación Didáctica
Xustificación
Este anexo á programación didáctica do departamento de Tecnoloxía fundaméntase nas instrucións difundidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como resposta á situación xerada pola
pandemia COVID-19:- Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 (publicadas o 12 de marzo de 2020).
- Novas instrucións en relación co COVID-19. Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020 (publicadas o 13 de marzo de 2020).
- RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 (publicada o 15 de marzo de 2020).
- Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario (publicada o 16 de marzo de 2020).
- Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego (publicadas o 18 de marzo de 2020).
Así mesmo, esta anexo axústase ao previsto nas instrucións do 31 de marzo de 2020 achegadas ao profesorado por parte da Dirección do centro co fin de garantir a “finalización” administrativa da 2ª avaliación.Programación 2º ESO
Non foi preciso modificar os criterios de avaliación xa que para o 13 de marzo todos os contidos programados estaban desenvolvidos e avaliados. A implementación na aula do programa de Intelixencia Artificial en colaboración con INTEF queda suspendido.
Para a terceira avaliación e mentres non se recuperen as clases presenciais poderanse entregar ou reenviar aqueles proxectos das anteriores avaliacións susceptibles de mellora. Para o alumnado que non precisa recuperación proporanse aproxectos de reforzo e ampliación que desenvolverán de xeito voluntario e non avaliable. Séguese a traballar exclusivamente con Scratch, indicacións no Aula Virtual e entregas no mesmo ou por correo.
A comunicación co profesor será a través do correo electrónico ou da mensaxería interna do Aula Virtual. As comunicacións co alumnado serán a través do Aula Virtual e correo electrónico para quen teña actualizado o seu Perfil polo que compre estar atento ao Aula Virtual.Culleredo, 2 de abril de 2020
Promedio anual de temperaturas en España desde 1901 a 2018. Fuente: Berkeley Earth
As inscrición poden ir formalizándose a partir do día 2 do mes vindeiro, até o día 9. As sesións levaranse a cabo na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga, da rúa do mesmo nome, en A Coruña.