A TODO O ALUMNADO DAS MATERIAS QUE DEPENDEN DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Bo día/tarde a todos e todas!

Como sabedes, imos pasar uns días sen clases presenciais, así que traballaremos na casa, tanto vós como as profesoras. Será unha boa ocasión para que probedes o que é o ensino a distancia e o teletraballo, modalidades que posiblemente utilizaredes algunha vez no futuro. Tentaremos manter unha boa comunicación entre todos e todas, e seguir funcionando como grupo, ainda que non esteamos xuntas físicamente.

As vosas profes iremos achegándovos  apuntamentos, explicacións, exercicios, tarefas...  neste apartado da web, vía Edmodo ou a través do voso correo electrónico do instituto. Permanecede atentas e atentos a estas tres canles de comunicación. 

A medida que publiquemos cousas, ídeas vendo e/ou facendo, non o deixedes para o último día. Non será moito, pero debedes levalo ao día para non esquecer o que sabedes e non perder o hábito de traballo. Xa vos iremos informando de como e cando tedes que entregar as tarefas. 

No título de todo o que publiquemos neste apartado da web indicaremos en maiúsculas os grupos aos que vai dirixido  (como podedes ver nesta mesma publicación).

Ás veces pedirémosvos que entredes en tecno12-18, pero so debedes facelo nos días  e co usuario que vos indicaremos as vosas profesoras máis adiante. Tamén debedes recordar que é sumamente importante que saiades do voso usuario (pechando a sesión) ao rematar (non vale pechar directamente na X !). Se todos respectamos estas normas, poderemos seguir a utilizar tecno 12-18; en caso contrario, teremos que substituilo por outro tipo de apuntamentos e exercicios.

Coidádevos moito e coidade das vosas familias! Vémonos pronto.