Que é eTwinning?

 

Que é eTwinning?

 

É unha plataforma da Unión Europea para que profesores e alumnos de toda Europa entren en contacto.

Dentro dela, profesores de distintos países poñen en marcha proxectos para traballar conxuntamente, xunto cos seus alumnos. 

Os proxectos poden ser de calquera temática, e o obxectivo é que, ao mesmo tempo que se traballa nalgún aspecto do currículo, o alumnado coñeza a compañeiros doutros países, así como a súa cultura e forma de vida, e que xunto a eles elabore un traballo. Ademais, o alumnado mellora as súas competencias en linguas estranxeiras e no manexo de ferramentas TIC.

Cada proxecto ten a súa propia web dentro da plataforma, e nela poden subirse imaxes, vídeos ou presentacións dos traballos realizados, así como comunicarse a través de chats, mensaxes ou videoconferencias.

Dende 2022 a plataforma hai unha nova plataforma. A ligazón á nova plataforma é:  https://school-education.ec.europa.eu/es E á vella, onde aínda poden verse os antigos proxectos é: https://www.etwinning.net/

 

En que proxectos participa agora o noso instituto?

No actual curso 2022/23 o centro participa en dous proxectos da nova plataforma:

EnigMath: un proxecto onde alumnos de 4º de ESO traballan con alumnos de 1º bacharelato dun colexio grego, propoñendo e resolvendo, en grupos, problemas e acertixos matemáticos.

Math@Arts: un proxecto onde alumnado de 2º de ESO traballa con dous colexios portugueses e un turco, descubrindo formas matemáticas en monumentos da nsoa contorna.

En que proxectos eTwinning participou no pasado?

Nos últimos anos o IES de Beade participou en varios proxectos, en distintas temáticas, como astronomía, refráns, matemáticas ou ciencias.  Polo de agora, levamos conseguidos catro Selos de Calidade Europeo, cos proxectos: “Scales and Sizes”,  ”Powers of Ten”, "Life Scales" and "The wonderfull world of nature". Esta distinción premia a calidade dos proxectos á hora de compaxinar unha intensa colaboración en liña dos estudantes dos distintos países para elaborar un produto común, xunto cun tratamento multidisciplinar do currículo e unha ampla variedade de ferramentas TIC.

Os antigos proxectos nos que participou o centro foron:

Curso 2021/22:

Aerial granaires in Europe: why, where and how ?: https://twinspace.etwinning.net/213400/home

Curso 2020/21:

Fressh project: https://twinspace.etwinning.net/124497

Curso 2019/20:

Life scales project: https://twinspace.etwinning.net/91809/

E2WJ / Year 2 : Energies and Green jobs !: https://twinspace.etwinning.net/91673/

Curso 2018/19:

The Wonderful world of nature : https://twinspace.etwinning.net/72376/ 

Curso 2017/18:

Powers of ten project: https://twinspace.etwinning.net/42185/home

Statistic Us: https://twinspace.etwinning.net/13137/home

Curso 2016/17:

Scales and Sizes: https://twinspace.etwinning.net/21924/home

Talking pictures: https://twinspace.etwinning.net/24415/home

Eratosthenes 2017: https://twinspace.etwinning.net/33569/home

Curso 2015/16:

Erastosthenes 2016: https://twinspace.etwinning.net/16393/pages/page/102519

Curso 2014/15:

Box of Experiments 1.0: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p105605/welcome

Curso 2013/14:

Our portrait in numbers: http://new-twinspace.etwinning.net/web/p96652/welcome 

A virtual trip from Bourg-en-Bresse to Vigo: https://live.etwinning.net/projects/project/100806

 

Ademáis, durante o bienio 2018-2020 o noso centro foi galardoado coa distinción eTwinning school, concedida aos centros onde se promociona o programa eTwinning e se poñen en valor os seus principios (dimensión europea, educación dixital e inclusión).